O Consello Xeral do Traballo Social denuncia como o formato contradí
o seu Código Deontolóxico e promove a substitución dos dereitos sociais
pola caridade, sen respectar a dignidade das persoas.
A presidenta do Consello, Ana Lima, rexeitou a invitación de asistir ao programa como asesora experta.
O Consello Xeral do Traballo Social (CGTS) esixe a TVE que elimine a
emisión do programa Entre Todos, que estreou fai unhas semanas. O
Consello denuncia que o programa, baseado na recadación de diñeiro para
axudar a familias necesitadas, é un claro ataque ao Estado de Benestar,
á universalidade dos dereitos sociais e só supón un parche para os
problemas das familias, cuxa dignidade non se respecta.
O programa contradí o Código Deontolóxico do Traballo Social sempre que
non aborda os problemas desde o punto de vista da universalidade da
axuda, a planificación desa axuda, a confidencialidade dos datos da
persoa afectada e que involucran á familia no seu proceso de
recuperación económica e social, entre outros.
Por estas razóns, a presidenta do Consello, Ana Lima, rexeitou a
invitación que lle fixo a dirección do programa para que participase no
mesmo como asesora experta. Lima considera que a súa participación neste
programa só podería xustificarse para manifestar a súa oposición ao
mesmo.
Os e as traballadoras sociais consideramos inadmisible que a televisión
pública estatal vulnere dunha forma tan evidente a dignidade das
persoas, mediante un xornalismo en grao sumo amarelo e rancio que chama
ao choro e potencia a mágoa cara á persoa necesitada. Rexeitamos esa
actitude, sempre que defendemos a igualdade e dignidade social.
'Entre Todos' é un programa, que con outro nome -"Tiene Arreglo"- emitía
até esta tempada Canle Sur. Foi naquela etapa cando a produtora chegou a
dirixirse aos servizos sociais municipais andaluces para que os e as
traballadoras sociais acreditasen si as persoas que chamaban pedindo
axuda necesitábana ou non, algo que contradí por completo os principios
da profesión, ao ter que revelar datos confidenciais, por exemplo. No
seu día, o Consello Andaluz do Traballo Social emitiu un ditame
profesional argumentando a súa negativa a participar.
O Consello Xeral do Traballo Social non se opón á solidariedade, a que
os cidadáns contribuamos coas nosas accións cotiás a axudarnos entre
nós. Pero esa axuda nunca debe substituír o sistema público de
protección social, como está ocorrendo. Desde fai xa máis dun ano, os e
as traballadoras sociais estamos denunciando un desmantelamento orquestrado do Estado de Benestar, que se acelerou nos últimos meses. Os
recortes e eliminación das partidas sociais nos orzamentos (como o plan
concertado), o endurecemento dos requisitos para obter axudas e os
cambios lexislativos aplicados (moi patentes na Lei de Dependencia) e os
que están en trámite parlamentario (a reforma da Administración Local
eliminará os servizos sociais municipais) son algúns exemplos.
No seu lugar, o Goberno está executando unha campaña, de feitos e
mediática, para xustificar o sistema de beneficencia preconstitucional,
que con tanto esforzo superouse. O CGTS considera que Entre Todos é un
exemplo máis desa nova dinámica. Por iso pide a súa retirada.
Na foto Ana Lima, Presidenta do Consello.
Publicada no Portal do Consello Xeral do Traballo Social en 18.09.2013
Web do programa Entre Todos na TVE1.
Enlace de Interese:
Web do Colexio Oficial de Traballadoras e Traballadores Sociais de Galicia:
http://traballosocial.org/
||||||||||||||||||