VE-LA LUZ FALA CO PRESUNTO MALTRATADOR DE CABANAS
Ante as declaracións vertidas polo presunto maltratador J.S.C aos medios de prensa e conversación mantida pola Presidenta de Ve-la luz co mesmo.
Ve-la luz quere deixar constancia dos seguintes datos que cre importantes para dar veracidade non só aos datos deste caso senón aos centos deles que non son representados ante a opinión pública:
1º Sandra recibiu máis de tres decenas de denuncias por parte do Sr. J.S.C por "Dexación de deberes familiares" que é igual a incumprimento de visitas, das cales só foi condenada dúas veces. Isto quere dicir que só dous xuíces e/ou fiscais de máis 30, interpretaron que Sandra incumpría e non como o resto que interpretaron a realidade "que Sandra simplemente protexía ao seu fillo como se reflicte na Convención dos dereitos do neno no seu art. 19".Durante a conversación mantida con Vázquez resalta a profesión, oportunidades varias, unha charlas co Fiscal "Roma" mediante o Punto de encontro de Ferrol e a clarividencia de saber que non será condenado aínda que se lle imputen a día de hoxe catro delitos de Violencia de xénero ( Art. 153. 1, 153.3 e 617.2) .
2º Non existe ningunha condena firme dos procesos que nomea o Sr. J.S.C por vexacións a el, aínda que si recoñecemos que hai unha sentenza en primeira instancia sobre outro tema e persoas que foi recorrida ante a Audiencia. Neste asunto Sandra non asistiu á vista, algo moi normal debido ao proceso brutal ao que se lle someteu que non fixo máis que perpetuar o maltrato recibido e que recibe.
3ºA desacreditación do proceso e xustificación por parte de presunto agresor das imputacións que lle levaron a ter unha orde de liberdade provisional, sorprenden: Di que está imputado por catro delitos e con Liberdade provisional tras unha instrución de dous anos debido a: "Que hai unha persoa que non sabe o día no que se produciron as agresións" ¡¡Dálle máis importancia ao día que á agresión!!! Nin o alcalde , nin as plataformas que apoiaron á vítima teñen nin idea - ¡¡Temos a documentación e até a enviada polo Sr. J.S.C!!! Di que non sabe como a nai ten aínda a custodia do menor, o mesmo que é o seu fillo e fai máis de dous meses que non pasa a pensión alimenticia pero recoñecendo que o neno está ben coidado. (Algo habitual nestes casos).
En relación ao desafiuzamentos di non coñecer ao comprador pero ante a posibilidade de que puidese abrirse un proceso penal, coméntanos que o comprador non ten antecedentes e que os antidisturbios actuarán nuns días desafiuzando a Sandra e o seu fillo.
A asociación Ve-la luz recibiu documentación do Sr. J.S.C e unha chamada na que nos instaba a que fósemos imparciais solicitando que enviásemos un comunicado pola nosa banda á prensa tras analizar a documentación e así o estamos facendo. En relación ao desafiuzamento Sandra instou unha demanda de reclamación de cantidades que ante a falta de forma produciu unha absolución e na actualidade existe outro proceso de venda fraudulenta onde até a data non se puideron probar as formas e xeitos nas que se produciu a venda recoñecendo unha simulación na reclamación de cantidades.
En relación á habitabilidade do domicilio nas medidas provisionais outorgadas polo xulgado de violencia de Ferrol presentouse fai xa varios meses un documento baseado en "Fallo dun erro material da sentenza" continuando á espera de resolución posto que o domicilio habitual da familia sempre foi Cabanas e non Pontedeume como así intenta xustificar como todo o resto Sr. J.S.C.
¡¡Non permitamos que nada nin ninguén as silencie!!!
Asociación Ve-la Luz
Foto de Marta Coral en ferrol360.es
COMUNICADO:
VE-LA LUZ FALA CO PRESUNTO MALTRATADOR DE CABANAS
Asoc. Velaluz Violencia de Xénero
velaluz.galicia@gmail.com
8 de outubro de 2013 01:48
http://www.asociacionvelaluz.es/
|||||||||||||||||||||||||||