martes, 29 de abril de 2014

O Venres 2 de Maio en Caranza (no local de Arméria) - Xuntanza Aberta da Comisión de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Xuntanza Aberta da Comisión de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

O Venres 2 de Maio, ás 5 da Tarde, Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, no local de 'Arméria Soc. Coop. Galega', en Caranza, na Traseira do Mercado Municipal, ao lado da Tenda de Troco.

Proposta de orde do día:
  1. Información novos casos, casos pendentes e outros.
  2. Proposta para as Vivendas municipais de Recimil.
  3. ILP-Galega contra os desafiuzamentos (Situación Actual) e Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
  4. Asuntos organizativos (Tarxetas e petos).
Saúde e Vivenda Digna !

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

||||||||||||||||||

xoves, 24 de abril de 2014

O Venres 25 de Abril en Caranza (no local de Arméria) - Xuntanza Aberta da Comisión de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Xuntanza Aberta da Comisión de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

O Venres 25 de Abril, ás 5 da Tarde, Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, no local de 'Arméria Soc. Coop. Galega', en Caranza, na Traseira do Mercado Municipal, ao lado da Tenda de Troco.

Proposta de orde do día:
  1. ILP-Galega contra os desafiuzamentos (Situación Actual) e Coordinación Galega de STOPs e PAHs. 
  2. Casos Pendentes.
  3. Vivendas municipais de Recimil.
  4. Marchas da Dignidade. Acto do Martes 29 de  Abril.
  5. 1º de Maio: Manifestacións Obreiras e Rodea o Concello.
  6. Asuntos organizativos (Tarxetas e petos).
Saúde e Vivenda Digna !

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

||||||||||||||||||

luns, 14 de abril de 2014

A Plataforma "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza e as oposicións xudiciais a execucións hipotecarias


Nos últimos seis meses xa foron presentadas máis dunha decena de oposicións xudiciais a execucións hipotecarias para desafiuzamentos da primeira vivenda, por parte dos letrados e auditores de contas que colaboran e forman parte da Plataforma "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza. Unhas oito oposicións ante os xulgados de Ribeira e dous delas nos xulgados de Vilagarcía de Arousa, ao obxecto de instar, aos xuíces, a nulidade radical do préstamo executado por vicio no consentimento. De prosperar todas estas oposicións xudiciais supoñería un alivio, coa devolución de impórtelos económicos satisfeitos polo préstamo hipotecario, para as familias en proceso de desafiuzamento das súas vivendas habituais.

Desde as familias, ás que defende a Plataforma do Barbanza, entenden que as entidades financeiras teñen que aplicar unha serie de criterios que vulneran con bastante frecuencia e entre eles están que "poñerán o máximo coidado e dilixencia no estudo rigoroso e individualizado do risco do crédito hipotecario, non só no momento da súa concesión senón tamén continuamente durante a súa vixencia". Ademais preocuparanse de solicitar a documentación adecuada e facilitar toda a información económico-financeira que permita analizar a solvencia e capacidade de pago dos clientes e garantes (avalistas) para evitar as malas prácticas das entidades financeiras na concesión de préstamos hipotecarios, que é unha práctica demasiado habitual.

Nos escritos de oposición constátase a necesidade de conceder, por parte destas entidades financeiras, "prestamos responsables", cuns "criterios vinculados coa capacidade dos prestatarios para cumprir, en tempo e forma, sen depender dos avalistas, fiadores ou activos ofrecidos de garantía". Tamén tendo en conta uns "plans de pago realistas" e que en ningún caso a renda dispoñible, das familias, tras atender o servizo das súas débedas poderá supoñer unha limitación notoria para cubrir decorosamente os gastos de vida familiares do prestatario".

A Plataforma "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza atópase con algúns casos sangrantes, como o que chegou fai unha semana, dunha familia da Pobra do Caramiñal, onde se solicita ao Xulgado número Uno de Ribeira a nulidade radical do préstamo executado por un flagrante vicio no consentimento dado que o feito de converter en prestatarios a uns adolescentes de 17, 18 e 19 anos vulnera todas as normas esixíbeis sobre a transparencia bancaria e obrigación de información. A circular 5/2012 do Banco de España, remitida a todas as entidades de crédito, obriga a estas á transparencia dos servizos bancarios e a responsabilidade na concesión dos préstamos, que as entidades financeiras non cumpren, na maioría das ocasións.

Saúdos cordiais.

Plataforma "Stop Desafiuzamentos" Barbanza

|||||||||||||

xoves, 10 de abril de 2014

#GrazasAda!! - Vídeo


http://youtu.be/-_MntsoCcMY

Ante as difamacións e os insultos que Ada Colau recibiu nos últimos días, a PAH contesta como mellor sabe facer: cun xesto de amor e de agarimo. Porque Ada somos todas as persoas que estamos nas PAHs ou a apoiamos desde fóra. Porque a súa voz é a nosa, e somos miles, centos de miles que berraremos xuntas até que se nos escoite e se atenda ás nosas demandas: demandas que non son caprichos, son necesidades e salvarían vidas.

Ada, grazas polo teu valor, e grazas a todas e cada unha das persoas que conforman este gran movemento. Con este vídeo, PAH Bcn -en colaboración con xente doutras moitas PAHs- quere recordar que só a debilidade do noso adversario, a falta de argumentos e a lexitimidade incontestable do movemento poden explicar estes ataques. Si tócannos a unha, tócannos a todas... e somos moitas, somos ImPAHrables e imos gañar!

||||||||||||||||

O Venres 11 de Abril en Caranza (no local de Arméria) - Xuntanza Aberta da Comisión de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Xuntanza Aberta da Comisión de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

O Venres 11 de Abril, ás 5 da Tarde, Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, no local de 'Arméria Soc. Coop. Galega', en Caranza, na Traseira do Mercado Municipal, ao lado da Tenda de Troco.

Proposta de orde do día:
  1. Casos: Marilo-Mercedes, Dulce-Jose, Iván, Chus e Maica.
  2. Temos un mes para solucionar defectos de forma na presentación da ILP-Galega contra os desafiuzamentos (Información e documentación que teñen que presentar Celso e Inácio).
  3. Como foi a Xuntanza da Coordinación Galega de STOPs e PAHs en Compostela. 
  4. Vivendas Municipais de Recimil.
  5. Asuntos organizativos (Tarxetas e petos).
Saúde e Vivenda Digna !

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

||||||||||||||||||