martes, 31 de decembro de 2013

Si se pode e, aínda que non queiran, imo-lo conseguir - As PAHs repasan na súa Web o que foi 2013 e desexan un 2014 cheo de democracia e dereitos humanos - Vídeos e Fotos.

Desde a plataforma cidadá 'Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra', adherida ás PAHs, tamén desexamos un ano 2014 cheo de loita e logros en democracia e dereitos humanos. Consideramos que si se pode e, aínda que non queiran, imo-lo conseguir.

A continuación presentamos o enlace co resumo do que foi o ano 2013 que nos envían desde comunicación das PAHs, vídeos e imaxes cheos de loita e esperanza.

Consideran que as PAHs foron "unhas claras protagonistas do 2013, un 2013 no que o Partido Popular quedou retratado. Un 2013 no que vimos como a xente temos moito máis poder do que nos fixeron crer. Un 2013 no que reafirmamos que si se pode e que o imos a conseguir; por iso, 2014 será o ano no que se aproben as medidas da ILP. O ano no que desafiuzaremos á mafia. Porque xuntos podemos".

Enlace coa Web das PAHs.

||||||||||||||||||

Inicio dunha campaña de presentación de mocións municipais para a recuperación de vivendas baleiras que están nas mans dos bancos

Clicar acima da imaxe para ampliar

As PAH esiximos a concellos e CCAA que actúen fronte á urxencia habitacional.
Campaña de mocións municipais para a recuperación de vivenda baleira en mans de banco


Tralo caso andaluz, a PAH logra que en Terrassa se empezara a actuar contra os pisos baleiros en mans de bancos


En 2013, o Goberno do PP optou definitivamente por ser o goberno da banca e usou a súa maioría absoluta para lexislar contra a poboación. Así, entre outras medidas anti-sociais, deu as costas a demandas de mínimos como a dación en pago, a moratoria dos desafiuzamentos ou o aluguer social, malia que estas medidas contan co apoio da maioría da poboación. Por iso, desde as PAH teremos que facer o traballo da administración, forzando a bancos a negociar centos de dazóns e alugueres sociais, demostrando que si se pode, pelexando caso a caso grazas ao compromiso de miles de persoas.

Pero non podemos quedarnos aí. Non nos imos a resignar a que no estado español se sigan vulnerando os dereitos humanos coa complicidade das administracións públicas. Máis aló da maioría absoluta do PP, as administracións autonómicas e locais teñen moita máis capacidade de intervención da que están poñendo en práctica. Si miran cara a outro lado, vólvense elas tamén en cómplices.

Este ano, a presión das PAH e do movemento andaluz polo dereito á vivenda lograron unha primeira lei autonómica que por fin empeza a actuar contra o comportamento anti-social dos bancos. Aínda que de xeito aínda insuficiente, en Andalucía recóllese o que é un clamor popular: a banca responsable da crise e rescatada co noso diñeiro debe facilitar os pisos baleiros que acumula para poñelos en aluguer social. E si non acepta negociar, debe ser sancionada e expropiada en nome da función social da vivenda e o interese xeral.

Hoxe 31 de decembro, e grazas á acción de presión e asesoramento da PAH, en Terrassa asínanse as tres primeiras multas de 5.000€ a bancos por vivenda baleira. Son só as tres primeiras multas de máis de 700 expedientes abertos. É só o principio do que debería ser unha práctica xeneralizada.

O vindeiro venres 3 de xaneiro presentamos en Barcelona esta nova campaña, cun modelo de moción municipal que se levará a todos os concellos cataláns nas próximas semanas, e que faremos extensivo ao resto do Estado. Si se pode... e agora os concellos terán a oportunidade de demostrar si realmente queren.

31 de Decembro de 2013

Rolda de prensa en Barcelona, o 3 de Xaneiro de 2014, ás 11 da mañá:
En directo no canle das PAHs aquí (Logo queda gravado).

Enviado por: http://afectadosporlahipoteca.com/

|||||||||||||||||||

luns, 30 de decembro de 2013

Escrito de Stop-Desafiuzamentos do Barbanza por un Fondo Municipal de Solidariedade Urxente Fronte á Crise

As compañeiras e compañeiros de Stop-Desafiuzamentos da Barbanza remiten-nos un escrito que lle fixeron chegar aos alcaldes dos concellos de Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo.

AO SR. ALCALDE PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO.-

Ante as enormes dificultades económicas e sociais polas que atravesan moitas familias do municipio, desde a PLATAFORMA STOP DESAFIUZAMENTOS DO BARBANZA consideramos urxente a articulación dunha serie de medidas que pasaremos a detallar nunha próxima ocasión, ao obxecto de consensualas, logo da reunión coas diferentes entidades sociais, benéficas e ongs da Comarca do Barbanza, que manteremos este próximo mes de xaneiro.

Malia iso consideramos necesario que, desde ese equipo de goberno municipal, se tomasen as medidas necesarias para a creación dun "FONDO MUNICIPAL DE SOLIDARIEDADE URXENTE FRONTE Á CRISE", coa dotación dunha partida económica que podería ser, a modo de exemplo, a de dous euros por habitante, onde o dez por cento puidese ser para un FONDO DE COOPERACIÓN COMARCAL entre Concellos. Serían, estes dous euros, como as dúas caras dunha moeda, por unha banda a "Solidariedade" e pola outra a "Esperanza".

Tamén creemos que os diferentes departamentos dos servizos sociais teñen que ser os que coñezan a problemática social da súa contorna e que actúen directamente sen esperar a que sexan as familias as que chamen ás súas portas, evitando así situacións de auténtica indefensión e abandono que se crean en familias que, por dignidade, vergonza ou temor a acudir en busca de axuda, viven auténticas situacións de exclusión social, co risco para as súas propias vidas.

En Riveira, a 27 de decembro do 2.013.

PLATAFORMA STOP DESAFIUZAMENTOS DO BARBANZA

Barbanza

Plataforma en defensa dos dereitos fundamentais das familias que están a pasar dificultades económicas e poden quedar sen a súa vivenda habitual
(Riveira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son).


Correo-e:
j.mpena@hotmail.com

T
elefono:

José Manuel Pena - Ribeira (
670458406)
|||||||||||||||||

En Vigo: Ante o inminente despexo de Analia Melón e os seus fillos do seu piso pola imposibilidade de afrontar os pagos das mensualidades a Plataforma de Afectados polos Desafiuzamentos de Vigo e Val Miñor convoca concentración

AVISO IMPORTANTE¡¡¡¡

Ante o inminente despexo de Analia Melón e os seus fillos do seu piso pola imposibilidade de afrontar os pagos das mensualidades a Plataforma de Afectados polos Desafiuzamentos de Vigo e Val Miñor convoca concentración seguida de rolda de prensa para denunciar o caso e esixir as diferentes administración a posta inmediata do servizo de pisos para as persoas e familias co alto risco de exclusión social . Será o próximo Luns dia 30 de Decembro as 11:00h da mañá na rúa Pizarro 51 (portal onde está localizado o piso habitado pola familia de Analia e do que os queren botar).

Solidarizate e reenvia este aviso a todas/os os teus contactos. Grazas

Conta do evento:
https://www.facebook.com/events/769510783062758/

Vigo - Tui - Baixo Miño
Correo-e: stopdesahuciostbm@gmail.com
web:
http://www.stopdesahuciostbm.wordpress.com
facebook:
https://www.facebook.com/pages/PAH-Vigo-Tui-Baixomi%C3%B1o/270337479686803
Teléfonos:
Fran Riveiro (627192586) | Carlota Pérez (657862675) | Telmo Pérez (661449328).

Teléfonos: 
626.884.539 (Vigo-Mos Porriño…..) |               
603 424 744   (Salceda de Caselas-BaixoMiño )
Horario de atención: 12 a 14h e 17 a 20h – De luns a venres
______________

xoves, 19 de decembro de 2013

Publicado o informe 'Emerxencia habitacional no estado español: a crise das execucións hipotecarias e os desaloxos desde unha perspectiva de dereitos humanos' - Vídeos de interese

Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra queremos facervos chegar o informe "Emerxencia habitacional no estado español: a crise das execucións hipotecarias e os desaloxos desde unha perspectiva de dereitos humanos" con datos inéditos sobre as execucións hipotecarias. O "Informe" está elaborado polo Observatorio DESC [*], en colaboración coa Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Barcelona (PAH) e que foi presentado o pasado martes, 17 de Decembro de 2013.

Este informe publicado este mes de Decembro de 2013, mostra o resultado das 11.561 enquisas realizadas a persoas afectadas que contactaron coas PAHs durante os últimos dous anos, e "é o primeiro informe de ámbito estatal que recolle os datos de como afectan as execucións hipotecarias á saúde, ou cales son as entidades que máis executan".

Este informe analiza a situación de emerxencia habitacional que existe no conxunto do territorio baixo a administración do Estado Español desde unha perspectiva de dereitos humanos. "En concreto, estúdase a regulación das execucións hipotecarias e dos desafiuzamentos a partir dos compromisos xurídicos adquiridos polas administracións públicas e o impacto concreto que supón esta problemática para as familias afectadas".

"O estudo analiza, en primeiro término, a función do dereito a unha vivenda digna e da prohibición de desafiuzamentos arbitrarios no sistema constitucional español, no dereito internacional dos dereitos humanos e á Unión Europea. En segundo lugar, ofrece datos sobre o comportamento das entidades financeiras e sobre o impacto da problemática nas familias a partir de 11.561 enquisas realizadas. Nun terceiro capítulo, para visibilizar as consecuencias na vida concreta das persoas, o informe incorpora catro entrevistas en profundidade a persoas afectadas. O informe conclúe cun breve capítulo de conclusións e recomendacións dirixidas aos poderes públicos".

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca e o Observatorio DESC foron das primeiras entidades que, xa en febreiro do 2009, alertaron da gravidade da problemática. Desde entón levan denunciando reiteradamente a carencia de datos oficiais que permitan entender o alcance da vulneración de dereitos fundamentais que supón a lexislación española en materia de vivenda. Así mesmo, esta carencia de información tamén imposibilita orientar axeitadamente as políticas públicas. É por iso que as dúas entidades fixeron un grande esforzo para recoller datos estatísticos.

Vídeos de interese:


Informe Observatorio DESC/PAH - Urxencia habitacional en España. Impactos do modelo inmobiliario-financeiro español
do Observatori DESC en Vimeo.
Nun 70% dos casos o non pago da hipoteca obedece á perda de emprego.


Informe Observatorio DESC/PAH - Urxencia habitacional en España. Impactos das ejecuciones hipotecarias na infancia
do Observatori DESC en Vimeo.
70% das familias desaloxadas tiñan polo menos un menor de idade.


Informe Observatorio DESC/PAH - Urxencia habitacional en España. Impactos das ejecuciones hipotecarias na saúde
do Observatori DESC en Vimeo.
Un 77% das persoas afectadas afirma sufrir un nivel de ansiedade alto ou moi alto.

INFORME
  • TITULO: "Emerxencia habitacional no Estado Español: A crise das execucións hipotecarias e os desaloxos desde unha perspectiva de dereitos humanos".
  • DATA DE PUBLICACIÓN: Decembro de 2013.
  • COORDINACIÓN: Vanesa Valiño
  • EQUIPO DE REDACCIÓN: Adrià Alemany, Ada Colau, Irene Escorihuela, Agustín Odonia, Mercè Pidemont, Gerardo Pisarello e Sílvia Vernia Trillo.
  • COORDINACIÓN DE SECCIÓN ESTATÍSTICA: Pablo Simón Cosano.
  • REALIZACIÓN ENTREVISTAS: Mònica Clua i Mariona Ferrer Fons.
  • DESEÑO E MAQUETACIÓN: Águeda Bañón.
  • FOTOGRAFÍAS: Albert García e Wikimedia
  • IMPRESIÓN: Reial Cor.
  • ELABORACIÓN DO VÍDEO: Pau Faus, Ivan Domínguez, Xavi Andreu i Silvia González Laá
  • LICENZA: Ceative Commons.
  • Fe de erratas: a entidade rescatada con diñeiro público á que se fai referencia na páxina 139 non é Caixa Bank, senón Catalunya Caixa.
Para descarga o informe neste enlace na web das PAHs:
http://afectadosporlahipoteca.com/wp-content/uploads/2013/12/2013-Informe_habtitatge-17Dic.pdf

[*] O Observatorio DESC (L'Observatori DESC) é unha plataforma catalana de entidades e persoas creada en 1998 co obxectivo de mostrar que tanto os dereitos civís e políticos- dereito á liberdade de expresión, á vida, ao voto, etc- como os dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais - dereito á vivenda, ao traballo, na educación, á saúde, á alimentación - son dereitos fundamentais de todas as persoas.

Sitio web do Observatorio DESC:
http://observatoridesc.org/

Sitio web das PAHs:
http://afectadosporlahipoteca.com/

Canle das PAHs:
http://bambuser.com/channel/LA_PAH
________________

domingo, 8 de decembro de 2013

O xoves 12 de Decembro en Caranza - Xuntanza Aberta da Comisión de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Xuntanza Aberta da Comisión de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

O xoves 12 Decembro, ás 5 da Tarde, Xuntanza de Traballo de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, no local de 'Fuco Buxán', en Caranza, na rúa Armada Española, 32.

Proposta de orde do día:
  1. Caso Manuel: Negativa do banco a negociar e sinalización para a  subasta da súa casa. Información, analise e acción.
  2.  Situación resto dos casos.
  3.  Asuntos organizativos e outros se os houbera.
Saúde e Vivenda Digna !

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

||||||||||||||||||