xoves, 7 de febreiro de 2019

Alerta Desafiuzamento: Concentración diante do Nº1 da Travesía Moreno, en Esteiro (Ferrol), en demanda de Alternativa Residencial - Este venres 8 de febreiro, ás 11 da mañá


Desde hai mais dun ano que está familia de nai separada con catro menores, ten graves problemas para poder pagar o alugueiro. Atopa-se en desemprego e só desde o 1 de xullo do pasado ano percebe unha prestación económica ligada á Risga e unha paga de manutención do exmarido de 200 euros. Seguida polos servizos sociais do Concello de Ferrol e que puxo en coñecemento do Concello a súa situación o 29 de maio do pasado ano, onde informou do requerimento de desafiuzamento e solicitaba un informe de vulnerabilidade, para poder acceder a unha vivenda de emerxencia residencial. Son 9 meses os que está agardando por unha alternativa residencial fronte ao desafiuzamento que xunto ao tempo que leva sen pagar o alugueiro, está situación está causando un grave prerxuizo ao propietario que é un particular. Todo isto sucede nunha cidade onde hai sobre unhas 10.000 vivendas baleiras e miles de vivendas feitas con diñeiro público. A esta veciña se lle deu como solución a xestión da concesión dun bono de alugueiro social que lle foi concedido mediante resolución o pasado 23 de outubro de 2018, mais como era de prever a busca dun fogar no mercado libre de vivenda de Ferrol foi un fracaso, non atopando quen lle alugara unha vivenda nas súas actuais circunstancias. Polo que a saída da concesión dun bono de alugueiro, nestes casos de extrema vulnerabilidade, é un fracaso e sobre todo porque os arrendadores e inmobiliarias saben que son concedidos a persoas procedentes de desafiuzamentos, polo que atopar alguén que alugue é como atopar unha agulla nun palleiro. O Concello de Ferrol ten solicitado ante o IGVS unha vivenda de adxudicación directa con data do 22 de xaneiro deste ano 2019, mais que non foi tratada na Comisión Provincial da Vivenda, por adiar-se esta e non estar sinalada data para unha vindeira, mas que o desafiuzamento vai ser este venres 8 de febreiro.

Desde os colectivos anti-desafiuzamentos en defensa do dereito a unha vivenda digna e adecuada, consideramos que esta é unha situación de necesidade de emerxencia residencial, social e económica que require unha solución xa sen máis demora. É por iso que convocamos unha concentración para denunciar esta situación e reclamar unha alternativa residencial.


CONCENTRACIÓN


DÍA: VENRES 8 DE FEBREIRO.

HORA: ÁS 11 DA MAÑÁ.

LUGAR: EN ESTEIRO, NO Nº1 DA TRAVESÍA MORENO (FERROL).

CONVOCAN: STOP DESAFIUZAMENTOS DA REDE DE APOIO MUTUO DE FERROLTERRA E A PAH DE FERROL E COMARCA.


Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

forosocialdeferrolterra@gmail.com

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

----