domingo, 29 de setembro de 2013

STOP-Desafiuzamentos d'A Coruña convoca Asemblea de Atectadxs pola Hipotdeca e Aluguer, o Sábado, 5 de Outubro


As compañeiras e compañeiros d'A coruña, convocan Asemblea Aberta o vindeiro Sábado 5 de Outubro. Desde Ferrol Terra, axudamos a difundir esta convocatoria, Saúde!

STOP DESAFIUZAMENTOS D'A CORUÑA
O DÍA 5 DE OUTUBRO -  ASAMBLEA AFECTADXS HIPOTECA e ALUGUER

Posto que nos últimos tempos son cada vez máis as persoas que acoden a nós na procura de axuda ante a ameaza de quedaren sen vivenda, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña decidimos abrir un espazo de asesoría colectiva coma os que xa están a funcionar noutras comarcas galegas e tamén en moitas cidades do Estado español.

Así, convidamos a tódalas persoas afectadas por situacións de desafiuzamento á asemblea que imos facer o vindeiro sábado 5 de Outubro na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16), ás 11:00hrs.

Con este encontro o que procuramos é reunir á xente ameazada por procedementos de desafiuzamento, compartir información sobre como facer fronte a esas ameazas, xerar un acompañamento afectivo ás persoas afectadas e pensarmos conxuntamente accións de denuncia colectiva desta situación.

A nosa intención é realizar estas asembleas periodicamente, para deste xeito fomentar a autoorganización e combater a sensación de vergoña que moitas veces invade ás persoas que, malia a seren vítimas da violencia estrutural, demasiado a miúdo optan por cargar con este abuso na súa intimidade.

Ca realización destas asembleas colectivas queremos tamén axudar a visibilizar que no contexto socioeconómico actual as situacións de desafiuzamento non se poden vincular estritamente á mala sorte ou a unha mala praxe persoal, senón que na maioría dos casos estamos ante exemplos persoais dun problema que xa é social e, polo tanto, contra o que cómpre loitar colectivamente.

Correo-e:
desahucios.coruna@gmail.com

Blogue:
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/

Facebook:
https://www.facebook.com/pages/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A/216065495111451

Twiter:
https://twitter.com/Desahuciocoruna



||||||||||||||||