domingo, 13 de outubro de 2013

@PAHVigoTui convoca mobilización diante NovaGaliciaBanco, en Vigo, contra una práctica bancaria inhumana e criminal, en solidariedade co compañeiro Gonzalo da PAH de Pontevedra


@PAHVigoTui

Diante da gravidade dos feitos onde un compañeiro noso, Gonzalo,  un dos portavoces da PAH de Pontevedra, que atentou contra súa propia vida empuxado por una práctica bancaria inhumana e criminal.

A PAH esta coordinando-se con forzas políticas, asociacións cidadás, sindicatos, ... para dar conta, para dar unha resposta contundente a estes feitos.

Esperamos de vos o máximo apoio esperamos dos que sempre ou moitas veces estivestes connosco, que redobredes os vosos esforzos

Non se pode escudar na retórica   Agora e o momento da dar o paso a adiante e apoiar a un movimento cidadán que conta con a simpatía de amplos sectores da sociedade civil.

Mobilización: mércores 16 de Outubro ás 12:00hs diante da central de NCG Banco no cruce dos 4 bancos en Vigo.

Onde está o limite do sufrimento?

Onde o limite da depredación e avaricia da banca?

Estes dias o portavoz da PAH de Pontevedra, o noso compañeiro e amigo Gonzalo atentou contra a súa propia vida. Non pode soportar o sufrimento, anguria, desesperación e rabia, polo que está a acontecer e padecer afectado pola rapina e insensibilidade do sistema bancario e nomeadamente Nova Galicia Banco. Soamente a valentía da súa compañeira Mirta salvou-no dunha morte segura.

Podemos ficar impasíbeis diante desta traxedia e a de centos de afectados familias, desafiuzad@s e mort@s?

Non. Non imos ficar paralizad@s polo que está a acontecer. Rebelamos-nos. Onte, hoxe e sempre até que a cidadanía masivamente diga BASTA e force á banca e aos gobernos a cambiar, por unha banda, a súa actitude e a lexislación pola outra.

É polo que seguindo coas nosas mobilizacións convocamos a toda a cidadanía, colectivos, formacións políticas, sindicais e veciñais a unha Concentración de repulsa e protesta o próximo Mércores dia 16 de Outubro, ás 12 do mediodía, diante da sede central de Nova Galicia Banco na rúa Policarpo Sanz de Vigo.

Temos que lles facer ver que SI SE PODE!

Vigo a 14 de Outubro de 2013

PAH de Vigo - Tui - Baixo Miño
Correo-e:
stopdesahuciostbm@gmail.com

web:
http://www.stopdesahuciostbm.wordpress.com

facebook:
https://www.facebook.com/pages/PAH-Vigo-Tui-Baixomi%C3%B1o/270337479686803

Teléfonos:
Fran Riveiro (627192586) | Carlota Pérez (657862675) | Telmo Pérez (661449328).
|||||||||||||||||