martes, 29 de marzo de 2016

A titulación das hipotecas - Compendio de vídeos onde queda explicado polo miúdo o que significa, a orixe e as consecuencias da titulación hipotecaria


Avogados da PAH de Gipuzkoa acoden a defender a unha compañeira de Stop Desafiuzamentos da Coruña

Avogados da PAH de Gipuzkoa acoden a defender a unha compañeira de Stop Desafiuzamentos da Coruña. | A activista polo dereito a vivenda, Sandra, ten unha vista sobre a súa execución hipotecaria o vindeiro 30 de Marzo

A nosa compañeira Sandra estase a defender dos abusos do Banco Santander e os avogados da PAH de Gipuzkoa serán os que a representen na vista que terá lugar o vindeiro 30 de marzo ás 11.30 horas no Xulgado número 11 da Coruña. Sandra atópase actualmente nun proceso de execución hipotecaria e nesta vista os seus letrados terán a oportunidade de argumentar por que este proceso ten que ser sobreseído.

A hipoteca de Sandra ten cláusulas altamente abusivas e se comercializaba co nome de Hipoteca Tranquilidad. Porén este produto tiña xa un nome enganoso e, na prática, fai que se combine un tipo de interese fixo durante 10 anos, que logo pasa a ser variable, cun sistema de amortización de cota crecente. Non obstante, o que non explicaba o banco era que nos primeiros anos non se amortizaba case capital (praticamente se aboan soamente intereses) mentres que a cota pagada aumentaba, chegando a haber  casos nos que de 80.000 € pagados só 10.000 son de amortización de capital. No estado existen xa diversos grupos de afectadas que se están a organizar e loitar contra ese plan especialmente abusivo.

Outra das cláusulas que contén a hipoteca de Sandra é a de vencemento anticipado que fai que calquer impago o banco poda dar por finalizado o contrato da hipoteca e iniciar un proceso de execución (e con isto de expulsión da afectada do seu fogar) Esta cláusula, que normalmente soe ser a sexta bis do contrato, é considerada abusiva porque desequilibra aínda máis a relación entre banco e hipotecado xa que o banco pode dar por concluída a relación por un impago que non supón un incumprimento grave en relación a cuantía e duración do préstamo.

O noso colectivo segue pensando que, aínda que nos detemos nas distintas prácticas abusivas que exercen comunmente os bancos, a construción do dereito á vivenda non ten que estar baseado na propiedade senón na habitabilidade e o valor de uso. Por isto queremos lembrar que seguimos a reclamar decisións políticas que aseguren o dereito á vivenda nun estado no que hai tantas vivendas baleiras e un parque público tan reducido.

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

 A Coruña, 29 de Marzo de 2016.
--
Stop Desafiuzamentos d'A Coruña
desahucios.coruna@gmail.com
stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
@desahuciocoruna
Facebook

|||||||||||||||||||

luns, 28 de marzo de 2016

Stop Desafiuzamentos de Ourense demanda ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo un trato digno para as mulleres vítimas de violencia machista.

CONCENTRACIÓN DE DENUNCIA, NO IGVS, O TRATO DADO AS VÍTIMAS DE VIOLENCIA XENERO.

O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense chama, nesta ocasión dun xeito especial, a cidadanía de Ourense a participar nunha concentración que faremos diante do I.G.V.S (Instituto Galego de Vivenda e Solo) mañá luns 21 ás 12:00h da mañá  para denunciar e facer público un xeito de violencia que o sistema exerce contra as mulleres xa vítimas de violencia machista.

En outras ocasións chegaron o colectivo mulleres nesta dramática situación; logo de denunciar as súas exparellas por malos tratos, vense en situación extremas, algunhas veces con menores a cargo, por non dispor dunha vivenda estable e carecer de recursos suficientes  para garantir o pago dun aluguer. O feito de ter menores o seu cargo e poder perder a tutela, ou o medo a súa exparella impídelles facer pública a súa situación.

Nesta ocasión o 10 de marzo, despois de darlle o noso contacto Cruz Vermella, chámanos unha muller, vítima de violencia de xénero, sen apoio familiar algún, con un fillo menor con con autismo e dependencia recoñecida de Grao III.

Logo de esquecerse de selar, no mes de novembro de 2015, a tarxeta do INEM, deixa de percibir a única axuda, unha RAI. Dende esta data non pode de pagar o aluguer da vivenda onde reside, acumulando  5 meses de impago.O luns 14 de marzo de mañá presentamos escrito no Concello de San Cibrao das Viñas e reunímonos co Alcalde para derlle traslado en persoa da situación desta muller. Fainos saber que xa coñecen o caso e que eles non poden facer ren. Tamén o mesmo día presentamos escrito no IGVS,  temos unha xuntanza coa Delegada Territorial para expoñerlle en persoa o caso.

O mesmo día 14 pola tarde a nosa compañeira decide abandoar a vivenda para non causar máis perxuizos o propietario, destacamos o comportamento respectuoso e comprensivo do mesmo e da súa avogada, e tamén para manter o maior anonimato posible para que non chegue a súa exparella. As pertenzas da mudanza son almacenadas na casa dun compañeiro do colectivo e vaise a casa dunha persoa que coñece que a acolle por unha semana.

O día 15 volta a outra reunión coa Xefa de Area e coa Delegada do IGVS, acompañada por outras compañeiras do colectivo. O venres día 18 concentrámonos espontaneamente diante do IGVS e voltamos a ter unha bronca reunión (faltóusenos o respeto nada máis sentarnos na mesa) para expoñerlle que esa mesma tarde esta muller e o seu fillo quedaban na rúa. En todas as ocasións no IGVS se nos da traslado da falta de recursos, e que xa están co caso, pero ningunha solución de emerxencia, a máis próxima, de habela, para dentro de un mes ou mes e medio.

. O día 18 pola tarde  ten que deixar a vivenda da perosa que a acolleu. Tivo que ser o colectivo Stop-Desafiuzamentos quen, grazas a solidaridade de outra compañeira do colectivo,  procurou provisionalmente unha vivenda esta muller.

Logo de suspendérenlle RAI, a día de hoxe, so percibe unha axuda de 193€, que cobra dende xaneiro, pola dependencia do seu fillo  a espera de recuperar a RAI son os únicos ingresos dos que dispón. Neste momento non ten ningún lugar onde vivir nin dispón das posibilidades económicas para afrontar un aluguer.

Queremos denunciar:

O desleixo do Concello de San Cibrao das Viñas e da Xunta de Galicia, que ten competencia exclusiva en materia de vivenda, no trato dado a unha muller nesta situación e consideramos que é outro xeito de violencia, niste caso institucional. Xustifícanse as administracións na falla de recursos, nos aseguramos que si hai recursos,  por todos é coñecido, que son espoliados por autenticas mafias corruptas e no rescate do sistema financeiro intricado nas mesmas. Unha vez máis observamos o rigor coas familias e a laxitude en perseguir e castigar os que rouban os recursos de todas.

Que se esteña permitindo, durante o todo o Goberno de Mariano Rajoi, outro segundo nivel especulativo, facilitando que fondos voitres estean a mercar  vivendas sociais que se apalacan no Banco Malo, a SAREB, sen darlles uso, a espera de altas rendibilidades. Que se Sanee os balances dos bancos, rescatandos con diñeiro público dos nosos impostos, mentres familias e mulleres maltratadas se ven competindo por recursos básicos para a subsistencia. ¡ESTO É VIOLENCIA!

Demandamos:

- Que as diferentes administracións Concello e IGVS cumpran coa súa obriga constitucional, de facer efectivo o dereito a vivenda digna, e proporcionen de xeito inmediato unha vivenda social a prezo axeitado para esta compañeira.

- A Xunta de Galicia e o Goberno Español que a política de vivenda se encare de maneira urxente, dende a perspectiva dos dereitos fundamentais recollida no Titulo Primeiro da Constitución Española e non dende a perspectiva dos Principios Reitores da Política Social e Económica da capitulo III, como se está a facer. Esiximos polo tanto o abandono do uso mercantilista da vivenda.

- Que se implementen protocolos efectivos para que  mulleres en situación de violencia machista recoñecida se lles proporcione de xeito inmediato vivendas de alugueiro social.

- Os concellos unha maior coordinación inter-administrativa que detecte posible erros,  para poder correxilos, de xeito que non se chegue estas situacións dramáticas.

Ourense, a 20 de marzo de 2016

Stop-Desafiuzamentos Ourense
stopdesahuciosourense@gmail.com
http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/STOP-DESAHUCIOS-OURENSE-310140959036554/

|||||||||||||||||||||||

sábado, 5 de marzo de 2016

Encontro de traballo de Plataformas de Afectad@s pola Hipotecas e de Stop Desafiuzamentos de Galiza no concello de Riveira


Este vindeiro sábado, día 5 de Marzo de 2016, e a partires das 17:00 horas, terá lugar, nos locais do Liceo Marítimo de Riveira, un importante Encontro de Traballo entre todas as Plataformas de Stop Desafiuzamentos e PAHs (Plataformas de Afectad@s pola Hipoteca) de Galicia para falar sobre distintos aspectos das oposicións ás execucións hipotecarias, cláusulas solo, intereses abusivos, etc ...

O recoñecido auditor de contas, economista e perito xudicial, D. Julio César Calvo Malvar, disertará sobre os aspectos importantes dos informes económicos que deben acompañar ós escritos de oposición as execucións hipotecarias de cara a conseguir o sobresemento ou a nulidade das propias demandas xudiciais, por parte das entidades financeiras. A responsable da Área Social da Deputación de A Coruña, Dna. Ánxela Franco, falará sobre as axudas para aluguer, infravivendas e outras cuestións sobre vulnerabilidade e exclusión social,  así como o avogado, D. Manuel Dios, que falará sobre a súa experiencia en procedementos de desafiuzamentos. Así mesmo o voceiro da Plataforma do Barbanza, José Manuel Pena, falará dos logros conseguidos, pola Plataforma, ao longo destes case catro anos grazas á colaboración dos economistas, avogados e diferentes profesionais que colaboran directamente, e de maneira altruísta, coa Plataforma.

Unha aperta !!!

4 de Marzo de 2016 13:18
27 de Febreiro de 2016 19:43

Plataforma "Stop Desahucios" Barbanza
jose manuel pena
j.mpena@hotmail.com

||||||||||||||||||