martes, 11 de xuño de 2013

Unha nova xuntanza de STOP-Desafiuzamentos, vai ter lugar este Xoves 13 de Xuño, en Ferrol - Atención: Cambio de Local de reunión

Unha nova Asemblea Aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Atención: Cambio de Local de reunión.

Día: Xoves, 13 de Xuño.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Caranza, no local de Arméria, na Traseira do Mercado Municipal.

Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.

Obxectivos: Analizar a situación interna de Stop-Desafiuzamentos. Informar e tomar decisións sobre casos pendentes e novos casos de desafiuzamentos. Analizar a última situación sobre o asunto Recimil e tomar decisións. Falar doutros asuntos de interese.

Orde do día:
  1. Análise da situación interna de Stop-Desafiuzamentos e toma de decisións.
  2. Casos pendentes, novos casos críticos. Xestións e Accións.
  3. Última información, análise e toma de decisións sobre o asunto de Recimil.
  4. Novas propostas, rogos e preguntas .
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Xoves 13 de Xuño, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

Alimentos Solidarios Ferrolterra no facebook:
https://www.facebook.com/BancoDeAlimentosFerrolterra

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||