domingo, 16 de xuño de 2013

Encontro estatal de PAHs en Valencia: imPAHrabéis


Encontro estatal de PAHs en Valencia


Hoxe máis de 60 Plataformas de Afectados pola Hipoteca de todo o Estado dan-se cita en Valencia para avaliar a campaña da ILP e escraches e debater sobre os pasos a seguir logo da aprobación da Lei inútil do PP.

O encontro produce-se nun momento no que o movemento está máis forte que nunca. Desde as PAHs ese consciente de que non se conseguiron cambios na lei que restitúan a vulneración do dereito á vivenda das persoas afectadas, con todo, sabemos que estamos gañando. O movemento crece cada mes e conta a día de hoxe con máis de 160 PAHs en todo o Estado. A PAH conta a día de hoxe cunha lexitimidade e un apoio social masivos, todas as enquisas din que non só o 90% da poboación apoia as demandas da PAH, si non que a sociedade civil confía máis nas PAHs que nos partidos políticos para solucionar e tutelar os dereitos fundamentais. E, sobre todo, desde as PAHs sabemos que estamos gañando porque as PAHs resolven os problemas da xente: consegue dacións en pago, condonacións, alugueres sociais. As PAHs auto-tutela os dereitos mentres o goberno lexisla para perpetuar a súa vulneración.

A campaña de criminalización levada a cabo polo Partido Popular foi unida a unha campaña represiva, de multas, silenciosa; pero que persegue a asfixia económica das PAHs (as multas ascenden xa a 40.000€). Esta campaña de criminalización unida á repentina "falta de interese" dos medios de comunicación e os episodios de censura en televisións como RTVE, son unha mostra evidente de que o Partido de goberno ten medo. Medo dun movemento social que xa manifestou que non vai deixar de facer na súa defensa do dereito á vivenda e a unha segunda oportunidade.

No encontro de hoxe en Valencia as PAHs analizarán a situación actual e as liñas de acción e medidas necesarias para continuar coa defensa do dereito á vivenda.

Porque, pode-se facer!

Artigo enviado polas PAHs  | Xuño 15, 2013 en 14:33 am |

|||||||||||||||||||