Unha nova Asemblea Aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.
Atención: a Asemblea é en Caranza.
Día: Xoves, 20 de Xuño.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Caranza, no local de Arméria, na Traseira do Mercado Municipal.
Punto previo: Nomear persoa moderadora da Asemblea e acordar ou modificar a orde do día proposta.
Obxectivos: Informar e tomar decisións sobre casos pendentes e novos casos de desafiuzamentos. Analizar a última situación sobre o asunto Recimil e tomar decisións. Analizar a situación interna de Stop-Desafiuzamentos e elixir nova Comisión de Traballo. Falar doutros asuntos de interese.
Orde do día:
1.- Casos pendentes de desafiuzamentos, novos casos. Xestións e Accións.
2.- Última información, análise e toma de decisións sobre o asunto de Recimil. Preparar a Asemblea de persoas afectadas que está previsto celebrar, o mércores 26 de Xuño, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.
3.- Análise da situación interna de Stop-Desafiuzamentos e toma de decisións (Elixir nova Comisión de Traballo).
4.- Novas propostas, rogos e preguntas.
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Xoves 20 de Xuño, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
Alimentos Solidarios Ferrolterra no facebook:
https://www.facebook.com/BancoDeAlimentosFerrolterra
||||||||||||||||||||