mércores, 5 de xuño de 2013

Este Xoves 6 de Xuño, en Ferrol, vai ter lugar unha nova xuntanza de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Unha nova Asemblea Aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Atención: Cambio de Local de reunión.

Día: Xoves, 6 de Xuño.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: Aula de Formación da CIG, en Esteiro, Rúa Eduardo Pondal, 41.

Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.

Obxectivos: Analizar as últimas accións do pasado 30 de Maio (rexistro, peche e Pleno). Informar e tomar decisións sobre casos pendentes e novos casos de desafiuzamentos. Falar doutros asuntos de interese

Orde do día:
  1. Análise das últimas accións e outros.
  2. Que pasa coa petición de xuntanza co Alcalde?.
  3. Carta e Queixas ao Valedor do Pobo.
  4. Casos, pendentes e novos de desafiuzamentos. Xestións e Accións.
  5. Contacto con persoas que participan no Centro Social Okupado A Palavea.
  6. Novas propostas, rogos e preguntas .

Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Xoves 6 de Xuño, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

Alimentos Solidarios Ferrolterra no facebook:
https://www.facebook.com/BancoDeAlimentosFerrolterra

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||