Mañá, 20 de Xuño de 2013, a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca - PAH, estará en Vigo, na Calexa do Viso, a altura do 149 da Rúa Aragon, ás 11:30hs. Para mostrar a súa solidariedade con Ricardo.
Ricardo é unha persoa con diversidade funcional que vive coa súa irmán. Viven en réxime de aluguer nun piso dunha casa no nº 149 da Rúa Aragón. Desde fai meses os novos propietarios no recollen o importe do aluger do piso, quedando Ricardo nunha situación de non pago.
As relacións cos propietarios do piso mudaron tras a morte do antigo propietario. Agora o inmóbel pertence a empresa INVERSIONES PLAYAMAR.
A PAH mostra a súa Solidariedade porque entende que non se buscou o diálogo con Ricardo senón que se buscou intencionadamente o non pago.
En segundo lugar Ricardo queda nunha situación de emerxencia habitacional ao non ter outra casa onde ir.
E en terceiro lugar manifestamos que por encima do lucro de esta empresa, está o dereito a Vivenda.
Mañá Ricardo convocou á prensa para contarlles o seu caso. Pretende
visualizar o apoio cidadán que este tipo de situacións xeran, pese ao
insensíbel das institucións, polo que a PAH pide a cidadanía e
colectivos que acudan alí. Quizá unha masiva presenza sexa o primeiro
paso para evitar o seu desafiuzamento. Facemos un chamamento especial para
arroupar coa nosa presenza e o noso agarimo a outra persoa que debe a
enfrontarse ao sistema cruel que consente que haxa millóns de vivendas
baleiras e miles de persoas expulsadas dos seus fogares.
A PAH estará presente na "rolda de prensa" que convoca Ricardo para expoñer o seu caso aos medios de comunicación e a cidadanía .
Vigo, 19 de Xuño de 2013
PAH Vigo-Tui e Baixo Miño
stopdesahuciostbm@gmail.com
|||||||||||||||