xoves, 15 de novembro de 2012

Escrito para solicitar a suspensión de todos os procedementos de execución hipotecaria de vivendas habituais que se atopen actualmente nos xulgados


O equipo xurídico da PAH, composto por avogadas e avogados de todo o estado que colaboran de forma desinteresada, redactou un escrito para solicitar a suspensión de todos os procedementos de execución hipotecaria de vivendas habituais que se atopen actualmente nos xulgados.

Ante a gravidade da situación provocada polas execucións hipotecarias e os desafiuzamentos, e a inacción do Goberno, a PAH facilitará este escrito a todas as persoas afectadas para que poidan solicitar a suspensión do procedemento.

Está previsto que o vindeiro luns 19 ás 11h preséntense decenas de escritos contemporaneamente en distintas cidades a través das PAH de todo o estado.

O Consello Xeral da Avogacía Española colaborou na difusión do escrito redactado polo equipo xurídico da PAH enviándoo a todos os Colexios de Avogados do estado.
Comunicado do equipo de avogados colaboradores da PAH

A mobilización dos afectados a través das PAH xerou un evidente clamor do conxunto da sociedade civil ante as execucións hipotecarias masivas perpetradas polas entidades financeiras contra os sectores máis vulnerables que sofren de forma máis descarnada a crise.

A PAH xuntos con diversas entidades da sociedade civil ten unha proposta concreta ante a situación de urxencia que non queren oir nin PSOE nin PP, a Iniciativa Lexislativa Popular para a regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de aluguer social.

Manifestamos á opinión pública que en España se viola sitemáticamente o dereito á a vivenda soxulgado por procedementos xudiciais que permiten os desaloxos forzosos de poboación sen alternativa habitacional contraviniendo o preceptuado polo comité DESC da ONU. Así mesmo, denunciamos que a condena a débedas perpetuas derivada dos procedementos de execución hipotecaria son condenas perpetuas á exclusión social e á pobreza, e entendémolas como violacións sitemáticas de dereitos humanos.

Queremos reiterar publicamente que consideramos as execucións hipotecarias masivas como violacións sistemáticas de dereitos humanos onde os debedores habitacionais atópanse en situación de absoluta indefensión, sen que exista dereito á tutela xudial efectiva e un procedemento con todas as garantías. O noso criterio coincide co manifestado por diversos organismos de dereitos humanos, con diferentes organizacións da sociedade civil e en último termo polo manifestado pola avogada xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea na cuestión prexudicial exposta ante o TJUE.

Por iso, esiximos a paralización inmediata de TODOS os procedementos de execución hipotecaria de vivenda habitual e a TODAS as execucións derivadas de execucións hipotecarias, nos que os bancos seguen embargando as vidas das familias ás que botaron da súa casa. Todos estas accións están manchadas por un procedemento inxusto que que está provocando un xenocidio financeiro, a morte civil de centos de miles de familias, e non poden seguir realizándose nin un minuto máis.

Facemos unha chamada ás persoas afectadas a activarse e a esixilo ante os xulgados para o que pomos á súa disposición un modelo de escrito elaborado pola PAH para ser presentado en todos os xulgados.

Tamén facemos unha chamada a l@s profesionais da avogacía, a todos os operadores xurídicos, ás asociacións profesionais, aos diferentes organismos relacionados co dereito, aos movementos sociais, ás organizacións sociais e sindicais para colaborar coa iniciativa, dando a maxima difusión ao escrito e facéndose presentes na porta dos xulgados cooperando para que o maior número de persoas afectadas poidan facer efectivos os seus dereitos mediante a presentación do mencionado escrito ante os xulgados competentes.

Anunciamos que desde primeira hora da mañá do luns 19 de novembro de 2012 acudiremos á presentación de escrito nos xulgados e estaremos presentes na porta dos mesmos para facilitar ás persoas afectadas o escrito para poida ser presentado.

Igualmente facemos público que nos sumamos de forma activa á convocatoria de Folga xeral prevista para o día 14 de novembro, como parte do 99% da poboación que está sufrindo o abuso, o espolio e os privilexios do 1% restante.

¡¡Paremos as execucións hipotecarias xa!!

¡¡Cesamento inmediato da violación sitemática de dereitos humanos!!

¡¡Se se pode!!

Publicado por afectadospolahipoteca en 13 novembro 2012

Accede ou descarga-te o escrito en formato -doc, do ficheiro da RAM de Ferrol Terra:

Escrito coas Alegacións para solicitar a suspensión de todos os procedementos de execución hipotecaria de vivendas habituais que se atopen actualmente nos xulgados.


***