mércores, 21 de novembro de 2012

A banca dita, o goberno redacta un Decreto Lei

O Goberno cede unha vez máis á presión da banca e anuncia medidas que exclúen á maioría da xente afectada.

Con máis de 400 mil execucións hipotecarias, 350 mil desafiuzamentos ás súas costas, #PPSOE chegou tarde e mal ao drama dos desafiuzamentos. Durante unha semana mareáronnos co anuncio de negociacións para para paliar un dos problemas máis graves da sociedade española e que só saíu á luz grazas á denuncia das mobilizacións cidadás. #PPSOE non só chegan tarde e mal, senón que non foron capaces de chegar a un acordo.

Hoxe xoves 15 de novembro, o Goberno decidiu escurrir o vulto dunha forma case macabra aprobando un Decreto Lei chamado "anti-desafiuzamentos", o cal paralizaría os desafiuzamentos durante dous anos ao estilo do soado -por fracasado- Decreto "De Guindos". Un Decreto Lei que se basea nunha artimañana sobre, supostamente, criterios económicos e de vulnerabilidade, co único fin de contentar á banca e excluír por segunda vez á maioría de xente que está sufrindo este drama.

Falando claro: eludiron establecer unha moratoria de desafiuzamentos eficaz, unha esixencia cidadá unánime. Nin sequera adoptáronse medidas como a que xa se executa en Francia, onde cada ano decretan moratoria invernal xeneralizada dos desafiuzamentos. Talvez nin os tristemente falecidos entrarían nos criterios de Rajoy, Soraya Sáenz de Santamaría e De Guindos. Tampouco entrarían outros centenares de miles de familias: por exemplo unha parella con dous fillos menores de 4 e 6 anos cun subsidio por desemprego de 420 euros que ten data de desafiuzamento fixada mañá.

Ademais, para esconder unha das claves, a retroactividade (que pasa coas 350 mil familias desafiuzadas?) anuncian a creación dun Fondo Social de vivendas de aluguer que se nutriría das vivendas "roubadas" ás familias. Faise o anuncio, pero non se di nin cantas, nin como se crearía ese parque de vivenda social.

Todo o demais? os centenares de miles de afectadas que non entran no decreto, as débedas impagabeis de todos os afectados etc. pode e deberá esperar á tramitación parlamentaria no Congreso como proxecto de lei.

Nin unha palabra sobre a ILP hipotecaria, que hoxe mesmo recibiu a validación da Oficina do Censo Electoral de 614.246 firmas presentadas até hoxe. Nin unha palabra da PAH, nin un xesto para incluír aos afectados nas posibeis solucións, nin caso as propostas que desde 2008 puxemos encima da mesa: dación en pago reatroactiva, stopdesahucios e parque de vivenda de aluguer social (suxeito a renda).

A PAH e a maioría da sociedade teno claro: todo era #PuroTeatro. A patronal da banca ditou o decreto a semana pasada e o Goberno redactou agora o que lle manda "o seu amo". Unha vez máis, o Goberno é o brazo armado da banca, todo o outro son danos colaterais da guerra do 1% contra o 99%. As présas por adxudicarse a exclusiva fainos novamente ver como os intereses de moitos son usados en beneficio duns poucos, sen cambiar a situación.

Pero tamén temos claro que se hoxe o Goberno tomou estas medidas é grazas á presión social, á loita sen tregua dos de abaixo, de organizacións como a PAH, o 15M e moitas outras.

A PAH continuará presionando e mobilizándose, tal e como fixo até agora, é así como conseguiu paralizar máis de 500 desafiuzamentos fronte aos 400.000 impulsados polas leis inxustas de #PPSOE. Seguiremos esixindo que a moratoria se aplique a todas as familias, sempre que a causa da falta de pagamento sexa sobrevida e sempre que se trate de vivenda habitual.

Non valen medidas publicitarias, nin pequenas modificacións que non aborden o problema de raíz. A PAH non aceptará rebaixas nin medidas trampa. As solucións que a PAH leva anos esixindo son claras:
  • Dación en pago reatroactiva!
  • Moratoria de desafiuzamentos inmediata!
  • Aluguer social xa!
Aválannos máis de 600.00 firmas da ILP onde quedan recollidas as nosas demandas de mínimos.

Publicado por afectadosporlahipoteca o 15 de Novembro de 2012.

***