Nesta xuntanza participaron: Pablo Portero, Enrique Barrera, Carlos Varela, Luis Matalobos, Carlos Vidal, Ana Bérez, Bea Canas, Elvira, Manuel Vázquez, Susana Alaniz, Pedro Fernández, Rafael Pillado, Lalán, Suso Pazos, Lucia Vizoso, Suso Díaz e Inácio Martínez.
Na reunión abordamos temas pendentes e un novo caso de abuso bancario sobre Ana e Victor (avalistas), despois dun desafiuzamento -persoas que estiveron presentes en parte da xuntanza. Despois Enrique Barrera presentou un pequeno informe titulado "Posíbeis Situacións en relación ás VV.PP. de Recimil", como base para a recuperación dun parque municipal de vivenda pública. Unha parte da xuntanza foi dedicada á entrevista mantida, en Compostela, co 'Valedor do Pobo', o día anterior 20 de Novembro, da que informamos con detalle dos puntos tratados e da documentación recibida. Por último entramos a preparar a mobilización xeral que as diferentes plataformas convocan en diferentes lugares de Galiza, para o vindeiro Venres 28 de Decembro.
Acordou-se facer unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto -que foi consensuado entre todas as persoas presentes na xuntanza, logo pasara-se a micro-aberto.
Os lemas da convocatoria:
NIN CASA SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASAS !!
POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA !!
- PARALIZACIÓN DOS DESAFIUZAMENTOS !!
- DACIÓN EN PAGO, ACOMPAÑADA DA OPCIÓN DO ALUGUEIRO SOCIAL !!
- POR UN PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS SOCIAIS !!
- DERROGACIÓN DA LEI HIPOTECARIA !!
A nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !O obxectivo da mobilización é o de demandar a paralización dos desafiuzamentos; o recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social; a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda; ... e denunciar o fraude hipotecario e reclamar o dereito a unha vivenda digna.
Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.
Facemos nosas as reivindicación da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca que se concretan en:
a) Parar os desafiuzamentos, tanto das familias hipotecadas como dos avalistas, ata que se atopou unha solución á súa situación. E garantir aos afectados o acceso a xustiza gratuita para poder defenderse nos procesos de ejecución. En calquera caso garantir que ningunha persoa quédese en situación de desamparo habitacional: un Estado democrático respetuoso dos Dereitos Humanos non pode permitir que miles de familias quédense na rúa á vez que millóns de pisos permanecen baleiros á espera de ser un negocio rendible.
b) Regular a dación en pago, de maneira que si o banco executa a hipoteca e quédase a vivenda, a débeda queda liquidada, como sucede noutros países da UE ou en EEUU. É un abuso bancario que estean expulsando á xente das súas casas e encima esíxanlles o pago de 20, 50 ou ata 100 mil euros.
c) Conversión do parque de vivendas hipotecadas de primeira residencia en parque público de aluguer social. Que a administración force ás entidades financeiras a asumir os prezos reais das vivendas facendo que os bancos renuncien a unha porcentaxe significativa da débeda hipotecaria para que, a continuación, a administración compre a vivenda a prezo de vivenda protexida de réxime xeral e o antigo propietario poida permanecer nela como inquilino de vivenda protexida, a condición de que cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiario da mesma. Así non só se axudaría ás familias hipotecadas, senón que gañaría toda a sociedade ao aumentar o parque de vivenda pública en aluguer. Unha versión desta medida estase aplicando xa no País Vasco, polo que se trataría de estendelo ao resto de comunidades autónomas.
d) Realización dunha Auditoría social sobre o funcionamento do mercado hipotecario. Existen indicios fundados que nos indican que a cidadanía foi obxecto dunha grande fraude que debe ser investigado para poder establecer as responsabilidades de entidades empresariais, bancarias, así como das institucións públicas. A mesma auditoría debería aclarar onde han ir a parar os beneficios millonarios que se xeraron durante o boom inmobiliario.
e) Establecer os mecanismos, as reformas e as políticas necesarias para que o acceso a unha vivenda adecuada non volva ser xamais un negocio para uns poucos e unha escravitude para as familias traballadoras. No caso do mercado hipotecario, establecer por lei que o pago da cota mensual hipotecaria en ningún caso sexa superior ao 30% dos ingresos da persoa ou unidade familiar, a un prazo máximo de 20 anos.
Acordou-se distribuír pola rede a convocatoria co prego de difusión e espallamento da mesma, que cada quen leve o seu cartaz co seu lema, cacerolas, pitos, ...
Tamén se acordou convocar unha Rolda de Prensa que vai ter lugar o vindeiro Mércores 26 de Decembro, ás 12:30 horas na galería Sargadelos de Ferrol, Esquina Rúa Rubalcaba coa Rúa María. A esta Rolda de Prensa temos que asistir todas as persoas que poidan.
Lembrar:
MANIFESTACIÓN
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASAS !!
- PARALIZACIÓN DOS DESAFIUZAMENTOS !!
- DACIÓN EN PAGO, ACOMPAÑADA DA OPCIÓN DO ALUGUEIRO SOCIAL !!
- POR UN PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS SOCIAIS !!
- DERROGACIÓN DA LEI HIPOTECARIA !!
VENRES 28 DE DECEMBRO
ÁS 7 DA TARDE
DESDE A PRAZA AMADA GARCIA
(DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA)
ATÉ A PRAZA DO CONCELLO
Convoca:
STOP-DESAFIUZAMENTOS DA REDE DE APOIO MUTUO DE FERROL TERRA
|||||||||||||||