MANIFESTACIÓN UNITARIA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS E O ACOSO FINANCEIRO
Mobilizaremo-nos para:
Demandar
- a paralización dos desafiuzamentos
- o recoñecemento por lei da dación en pago retroactiva, acompañada da opción do alugueiro social
- a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda
Reclamar o dereito a unha vivenda digna.
Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza.
E a nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !
Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.
No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
Evento no facebook:
http://www.facebook.com/events/572492036099900/
Baixar Cartaz da convocatoria:
https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMUDhKZlRHeEdNYmM
Baixar volantina da convocatoria:
https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMaXpOR1lqTFpTdUE
||||||||||||||||||||