luns, 30 de maio de 2016

Xuízo en Ferrol, este luns 30 de Maio, contra a financeira UCI (Banco Santander e BNP), polo abusivo índice hipotecario IRPH, xuízo que leva sufrindo varios aprazamentos. Na vista estarán presentes o avogado José María Erausquin e e a avogada Maite Ortiz, da PAH e Stop Guipuzkoa, referentes na loita contra o abusivo índice hipotecario IRPH


Este luns 30 de Maio ás 11 da mañá, está sinalada unha nova vista contra a financeira UCI (Banco Santander e BNP), polo abusivo índice hipotecario IRPH. Xuízo que quedara adiado por varias veces, mesmo houbera unha vista que tivo lugar o 11 Xaneiro deste ano 2016, mas xa viña doutros adiamentos anteriores. Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a A PAH de Ferrol e Comarca, amosaron o seu apoio a Marcos Guerreiro, contra o abuso bancario e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada. Ambas entidades que forman parte da Coordinación Galega de PAHs e STOPs, chaman a acompañar ao compañeiro, nunha concentración este mesmo día, diante dos xulgados de Ferrol, ás 11 da mañá, (Rúa Coruña 53-55).

O xuízo contra UCI, responde á demanda interposta por Marcos Guerreiro, contra as cláusulas abusivas no contrato hipotecario, ao aplicar-se-lle perante anos o índice hipotecario IRPH (Índices de Referencia de Préstamos Hipotecarios). Na vista estarán presentes o avogado José María Erauskin e e a avogada Maite Ortiz, da PAH e Stop Gipuzkoa, referentes na loita contra o abusivo índice hipotecario IRPH.

Desde o noso sitio na rede, en Xaneiro deste ano, explicabamos polo miúdo a situación de Marcos con respecto ao seu inxusto e ilegal contrato hipotecario:
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!

Enlaces de interese:

Agrupación de Afectad@s polo IRPH | Porque non queremos que nin ti nin ninguén máis sexa o próximo DESAFIUZADO. Porque queremos que o IRPH desapareza en todas as súas variantes e non sirva para afectar a máis familias. Porque o IRPH desapareza por ser abusivo. Revisa a túa escritura e si o teu índice de referencia é IRPH ... benvido. | Ir á Web.

Recentes sentenzas comezan a estimar a nulidade da fixación do IRPH como índice de referencia para calcular o tipo de interese dos préstamos hipotecarios, pois entenden que o mesmo é abusivo como consecuencia da inclusión nos préstamos con falta de transparencia sobre o seu funcionamento. | As Sentencias na sección Tribunais da web d@s compañeir@s da IRPH Stop Gipuzkoa, plataforma de afectados polo IRPH, que xurdiu dun grupo de traballo de Kaleratzeak Stop Desafiuzamentos (PAH) en Donostia. | Ir á Web.

INFORME IRPH | ANÁLISE CRÍTICA DO PROCEDEMENTO DE CÁLCULO DOS ÍNDICES IRPH, OU POR QUE DICIMOS QUE O IRPH É MANIPULABLE E FALTO DE TRANSPARENCIA. | J.E. - Donostia, 19-02-2014 | En formato pdf de 10 páxinas. | Acceder/Baixar.

||||||||||||||