xoves, 9 de maio de 2013

Xoves, 9 de Maio, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Este Xoves, 9 de Maio, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos de Ferrol Terra

Unha nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Día: Xoves, 9 de maio.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.

Obxectivos: Informar e tomar decisións sobre casos pendentes e novos casos de desafiuzamentos. Informar e toma de decisións sobre a xuntanza co Sr. Alcalde de Ferrol en referencia ao asunto das vivendas municipais do barrio de Recimil.

Orde do día:

  1. Casos, pendentes e novos de desafiuzamentos. Xestións e Accións.
  2. Xuntanza prevista co Alcalde para este Venres 10 de Maio. Analizar e tomar decisións.
  3. Novas propostas, rogos e preguntas .
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Xoves 9 de maio, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue
:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

Alimentos Solidarios Ferrolterra no facebook:
https://www.facebook.com/BancoDeAlimentosFerrolterra

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||