mércores, 15 de maio de 2013

Xoves, 16 de Maio, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Este Xoves, 16 de Maio, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos de Ferrol Terra

Unha nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Día: Xoves, 16 de maio.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.

Obxectivos: Informar e toma de decisións sobre a xuntanza co Sr. Alcalde de Ferrol en referencia ao asunto das vivendas municipais do barrio de Recimil. Analisar e decidir sobre propostas de mobilizacións. Informar e tomar decisións sobre casos pendentes e novos casos de desafiuzamentos. Falar doutros asuntos de interese

Orde do día:
  1. Información sobre a Xuntanza que tivemos co Alcalde e a Concelleira de Malestar Social o pasado Venres 10 de Maio. Informar da Xuntanza da Comisión de Traballo que mantivemos o Luns pasado.
    Propostas de mobilizacións (Mércores 22 e Xoves 30 de Maio)
    Analizar e tomar decisións.
  2. Casos, pendentes e novos de desafiuzamentos. Xestións e Accións.
  3. Novas propostas, rogos e preguntas .
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Xoves 16 de maio, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue
:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

Alimentos Solidarios Ferrolterra no facebook:
https://www.facebook.com/BancoDeAlimentosFerrolterra

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||