Unha nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.
Día: Venres, 15 de Marzo.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.
Obxectivos: Información sobre a apertura dos expedientes de novos casos e casos pendentes. Continuar coa campaña para contactar coas persoas que están en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil. Informar e tomar decisión sobre a Campaña: "Hai vidas en Xogo" das PAHs. Configurar a coordenación a nivel galego. Definir a acción social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
Orde do día:
- Información e toma de decisións sobre os casos pendentes e novos casos. Elaboración do protocolo de actuación e confección de expedientes.
- Información e toma de decisións sobre a campaña para contactar coas persoas da lista de espera para poder acceder a unha das vivendas protexidas de Recimil, de propiedade municipal.
- Informar e tomar decisións sobre a Campaña: "Hai vidas en Xogo" das PAHs.
- A coordenación a nivel galego.
- A acción social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
- Outros asuntos que houber, propostas, rogos e preguntas.
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||