venres, 8 de marzo de 2013

Hoxe Venres, 8 de Marzo, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Unha nova xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Día: Venres, 8 de Marzo.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Esteiro no local da asociación veciñal.

Obxectivos: Atender os casos pendentes e novos casos. Campaña para contactar coas persoas que están en lista de espera para acceder a unha vivenda municipal do barrio de Recimil. Análise da nosa presencia no Pleno do pasado 28 de Febreiro.

Orde do día:
  1. Casos pendentes e novos casos. Protocolo de actuación e confeción de expedientes.
  2. Campaña para contactar coas persoas da lista de espera para poder acceder a unha das vivendas protexidas de Recimil, de propiedade municipal. Relación e Fichas.
  3. Análise da nosa presencia no Pleno do pasado 28 de Febreiro.
  4. Outros asuntos que houber, propostas, rogos e preguntas.
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 8 de marzo, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Logo ás 8 da tarde estamos convocad@s á concentración da Marcha Mundial das Mulleres, polo Día Internacional da Loita Feminista, ás 8 da tarde no Cantón de Ferrol [Acceder}.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||