A lei recolle de novo a expropiación temporal do uso da vivenda aos bancos en casos nos que haxa risco de exclusión social ampliado a avalistas e autónomos.
Acábase de aprobar no Parlamento Andaluz a Lei da Función Social da Vivenda con medidas solicitadas no seu momento por este colectivo, e agora con novas achegas da PAH. Esta norma recolle as medidas do Decreto Lei da Función Social da Vivenda que se aprobou en abril, recorrido polo PP ante o Tribunal Constitucional (TC), e como novidade aproba entre outras, a nosa alegación de ampliación da cobertura aos avalistas.
En abril de 2012 a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca a través da PAH de Málaga solicitou unha medida valente a Esquerda Unida (IU) para promover unha norma que apoiase ás familias ante as súas dificultades de vivenda dentro do marco autonómico coa expropiación da cesión de uso de vivenda en casos de desafiuzamentos.
Desde entón o Goberno andaluz, a través da Consellería de Vivenda, ha lexislado primeiro co Decreto Lei da Función Social da Vivenda de Abril chamado “antidesafiuzamentos” recollendo dita medida e facendo fincapé por primeira vez no dereito constitucional a unha vivenda ao decretar a función social da propiedade. Posteriormente, no mes de xuño, o Parlamento Andaluz invitounos formalmente a comparecer para intervir de novo institucionalmente na tramitación desta nova Lei.
A Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca se congratula de que se desenvolveu unha Lei que mellora a situación dos cidadáns hipotecados en proceso de desafiuzamento, que favorece o uso habitacional do parque de vivendas si son obxecto de especulación por parte de Bancos e outras corporacións dando un paso adiante para considerar que a vivenda ten unha función social e é un dereito máis aló dunha propiedade.
É do noso interese facer saber á cidadanía da importancia desta Lei para facer valer o Dereito á Vivenda, e instamos ao Goberno andaluz a que configure as consellerías afectadas dotándoas dos recursos necesarios para que se desenvolva solidamente. Esperamos que este instrumento lexislativo axude a paliar as dificultades de vivenda dos andaluces, que se acrecentan polo abuso durante todos estes anos por parte das entidades financeiras. Estes abusos impídennos o desenvolvemento como individuos e como sociedade.
Esta Lei é unha demostración de que Si Se Pode!. É unha intervención institucional das persoas desde abaixo auto-organizadas. Esperamos que sirva como precedente para que o resto de autonomías vaian máis aló.
Nestes momentos diferentes comunidades autónomas como Navarra ou Canarias están tamén lexislando nesta dirección, e outras están en preparación.
No entanto, tamén queremos resaltar como esta lei deixa fóra ás miles de familias. Actualmente en Andalucía hai moitas familias que están realoxándose en vivendas baleiras e que seguen á marxe da lei sufrindo máis aló da falta de vivenda e a persecución xudicial ante unha vulneración sistemática dos dereitos humanos. A pesar de que o Estado non cumpre coa prerrogativas constitucionais de garantir vivenda ao seu cidadáns e da existencia dun parque de vivendas no mercado especulativo da propiedade, (unha situación inadmisible tratándose ademais de vivendas de bancos rescatados con diñeiro público), a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca si traballa día a día por garantir este dereito.
27 de Setembro de 2013 - Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca
|||||||||||||||||