martes, 27 de agosto de 2013

Xoves 29 de Agosto, Asemblea Aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Unha nova Asemblea Aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para quen quixer participar.

Atención: a Asemblea é en Caranza.

Día: Xoves, 29 de Agosto.
Hora: Ás 17:00hs (5 da tarde).
Lugar: En Caranza, no local de Arméria, na Traseira do Mercado Municipal.

Punto previo: Nomear persoa moderadora da Asemblea e acordar ou modificar a orde do día proposta.

Orde do día:
  1. Últimas informacións, sobre a adxudicación e entrega das vivendas de Recimil (Concello, Valedor do Pobo, ...).
  2. Información do Encontro Stops e pahs galegas en Vigo, os pasados 26, 27 e 28 de Xullo de 2013. Proposta de Mobilizacións e proposta de ILP (exposición de motivos), para garantir o dereito universal á vivenda digna e adecuada e promover unha Lei Galega da Vivenda.
  3. Novos casos, xestións e accións.
  4. Análise da situación interna de Stop-Desafiuzamentos e toma de decisións (Elixir nova Comisión de Traballo).
  5. Novas propostas, rogos e preguntas se houber.
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Xoves 29 de Agosto, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

||||||||||||||||