http://youtu.be/TkrM-zBGjBQ
A Obra Social da PAH xorde como unha necesidade para contrarrestar a Obra Anti-Social das entidades financeiras no terreo da vivenda.
Cada vez chegan á PAH máis familias que tras un desafiuzamentos por execución hipotecaria ou unha dación en pago, non teñen onde ir vivir, e as Administracións son incapaces de dar resposta a esta lamentable situación de urxencia habitacional.
Somos o país con máis vivendas baleiras de Europa e, ao mesmo tempo, o país con máis desafiuzamentos e máis familias que non poden facer efectivo o seu dereito a unha vivenda digna.
Na PAH levamos catro anos denunciando esta enorme inxustiza, e volvemos facelo con este vídeo que explica en catro capítulos a orixe do problema, o papel da PAH e como as circunstancias leváronnos a lanzar a Obra Social, a nosa última campaña de desobediencia civil que consiste na recuperación de edificios baleiros en mans de bancos para realojar familias en risco de quedarse na rúa.
O Goberno do PP rescatou á banca con miles de millóns de euros públicos sen ningún tipo de contraprestación social e aprobou unha lei que beneficia aos bancos e despreza aos cidadáns. Con ese xesto volveu a dar as costas ás vítimas deste drama social e á cidadanía en xeral, que apoia maioritariamente as demandas de mínimos recollidas na nosa ILP.
Non nos queda máis alternativa que intensificar a vía da desobediencia para autotutelar o dereito á vivenda recollido na Declaración de Dereitos Humanos e na Constitución.
Axúdanos a difundir o vídeo!
Agradecimientos ao equipo de produción PAH Cartoons: Silvia González Laá (Idea e Guión) Pau Faus (Realización e Edición), Santi González Sanz (Debuxos), Xavi Andreu (Son), Xavier Mestres (Música) e a Carme Ambrós, Lucía Layunta, Alicia González Laá, Eduard Benito e a pequena Nico por poñer as súas fantásticas voces ao servizo desta causa.
Un agradecemento especial tamén a Aleix Saló, referente e mestre no xénero de "vídeos que explican cousas importantes con debuxiños divertidos" e que foi, inevitablemente, unha inspiración.
Publicado no Canle das PAHs | 09.07.2013
|||||||||||||||||||||