mércores, 23 de maio de 2012

Paralizado provisionalmente o desafiuzamento de Yolanda e do seu fillo


A "Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra" concentrouse na mañá de hoxe no barrio de Esteiro, ante a vivenda de Yolanda para evitar o desafiuzamento dela e do seu fillo.

Actualmente non percibe ingresos, aínda que ten o Risga concedido polo fillo de 4 anos que ten en custodia, pero sen cobrar polo de agora.

Este desafiuzamento non é un embargo bancario, trátase de que esta vivenda era propiedade da súa nai, e supostamente foi "usurpada" nos despachos por parte dun membro da súa familia. Sexa como sexa, cumpre que as institucións do estado artellen xa unha lei de protección as persoas, tal como recolle o artigo 47 da Constitución, no que di cos poderes públicos velarán polo dereito a vivenda.

martes, 10 de abril de 2012

Paralizado o desafiuzamento do café bar O Carballo

Hoxe ás 12:00 h, tivo lugar unha concentración diante da oficina central do BBVA, na Praza do Callao (Ferrol) para evitar o inxusto desafiuzamento do café bar O Carballo.

Recordemos que a devandita entidade adquirira un compromiso verbal cun dos seus empregados, Pedro Bastida, polo cal se comprometían a venderlle o negocio se este ingresaba o diñeiro da hipoteca, cantidade que Pedro conseguiu mediante un crédito con outra entidade, chegando a hipotecar a súa vivenda. Hai uns días o BBVA se retractaba do compromiso adquirido e decidía proceder ao desafiuzamento, este embargo levaríase por diante catro postos de traballo.

mércores, 20 de xullo de 2011

Paralizado o desafiuzamento dunha familia sen recursos do barrio ferrolán de Caranza

O desafiuzamento da familia sen recursos do barrio ferrolán de Caranza non se executou, tal e como comunicou hoxe o Instituto Galego de Vivenda e Solo.

A presión cidadán tivo moito que ver con este xiro de 360º que dá agora o IGVS
Esta vivenda está habitada por unha familia de dez membros, incluídos cinco menores, que vive no barrio de Caranza, dita vivenda é propiedade do Instituto Galego dá Vivenda e ou Só (IGVS), sen contrato desde fai sete anos.

A afectada traballara para a Xunta de Galicia como limpadora, e na actualidade está en paro e "en listas de substitución". Vive desde o ano 1985 nunha vivenda do IGVS no barrio de Caranza, xunto aos seus fillos e o seu cinco netos.

En total, son 10 persoas na vivenda, pero só perciben "dúas pagas de 400 euros" tras esgotar o paro. Fai sete anos a muller divorciouse do seu marido, que acumulaba unha falta de pagamento na vivenda de case 6.000 euros. Tras a separación, o titular da casa seguiu sendo o home, a pesar dos intentos legais para que pasase á muller. Ante a débeda acumulada, o contrato rescindiuse, pero a muller e a súa familia seguiron vivindo na casa, pero sen posibilidades legais de pagar a vivenda.

O pasado mes de xuño recibiron unha notificación de que ían ser desafiuzados da vivenda, que conta con 80 metros cadrados e está en "pésimas condicións".

Aínda que o procedemento era legal e "intachable" desde o punto de vista xurídico, "cometiase a tropelía de provocar unha situación de indigencia e exclusión social".

Segundo fontes do IGVS, o desafiuzamento non se executará ata que se garantan os dereitos dos menores residentes.

venres, 3 de xuño de 2011

Primeira acción en Ferrol contra un desafiuzamento hipotecario.

Na mañá de hoxe, venres 3 de xuño, tivo lugar a primeira acción en Ferrol (segunda en Galicia) contra un desafiuzamento hipotecario.

Ás 10,30, hora prevista para que o xulgado reclamase as chaves dunha vivenda e en solidariedade co desafiuzado, ao redor dun centenar de persoas concentráronse ante o nº 29 da Rúa Almendra.

Media hora mais tarde e sen que comparecese o representante xudicial, trasladáronse ante a entidade bancaria que insta o desafiuzamento, para manifestar o seu rexeitamento a estas prácticas abusivas e esixir das distintas administracións públicas unha modificación do marco legal que de saída á situación de sobreendebedamento de milleiros de familias e traballadore@s en moitos casos afectados por expedientes de desfiuzamento da súa vivenda, centos de miles nos últimos anos en todo o estado e máis de 2000 en Galicia pendentes de execución.

A Rede de apoio mutuo continuará a solidarizarse coas persoas afectadas por esta fraude hipotecaria, amparada polo artigo 47 da Constitución Española: “Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.

xoves, 28 de abril de 2011

Moaña co apoio de compañeir@s de Ferrol Terra acolleu a primeira mobilización ante unha entidade bancaria celebrada en Galicia.

Moaña acolleu a primeira mobilización ante unha entidade bancaria celebrada en Galicia contra as execucións de hipotecas. Convocou unha afectada, María Xosé Álvarez, co apoio de compañeir@s de Ferrol Terra

María José Álvarez pediu unha hipoteca de 82.000 euros,e A Caixa, en pleno auxe inmobiliario, concedeulla. A empresa na que traballaba o seu marido deixou de pagar a nómina aos empregados, unha auxiliar de Morrazo Naval, cuxo propietario se subiu a un guindastre en Marín para reclamar ás empresas que lle contrataron obras o pago de distintas débedas.

A parella, con dous fillos, puxo o piso en venda e tratou de negociar coa Caixa unha solución. Pola vivenda pagábanlle 70.000 euros, e facíanlle falta outros 12.000 para cancelar a hipoteca. A entidade  negouse a concederlle os 12.000 euros que pedían, que sumados aos 70.000 que lles daban pola vivenda lles daban para cancelar a débeda. A Caixa pediu a inmediata execución da hipoteca.

María Xosé, recriminoulle a o empregado a pouca sensibilidade da entidade bancaria. "É a súa versión», limitouse a dicir o caixeiro". "A miña versión é que quedo sen piso e cunha débeda perpetua", respondeu ela.