mércores, 23 de maio de 2012

Paralizado provisionalmente o desafiuzamento de Yolanda e do seu fillo


A "Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra" concentrouse na mañá de hoxe no barrio de Esteiro, ante a vivenda de Yolanda para evitar o desafiuzamento dela e do seu fillo.

Actualmente non percibe ingresos, aínda que ten o Risga concedido polo fillo de 4 anos que ten en custodia, pero sen cobrar polo de agora.

Este desafiuzamento non é un embargo bancario, trátase de que esta vivenda era propiedade da súa nai, e supostamente foi "usurpada" nos despachos por parte dun membro da súa familia. Sexa como sexa, cumpre que as institucións do estado artellen xa unha lei de protección as persoas, tal como recolle o artigo 47 da Constitución, no que di cos poderes públicos velarán polo dereito a vivenda.