xoves, 11 de xaneiro de 2018

Texto da Lei de Vivenda Estatal da PAH, unha lei de urxencia residencial en familias vulnerábeis no ámbito habitacional e de pobreza enerxética - Exposición de motivos para presentar a Lei, en Madrid, no Congreso dos Deputados, onde quedou rexistrada a 10 de xaneiro de 2018



Texto da Lei de Vivenda Estatal da PAH, unha lei de urxencia residencial en familias vulnerábeis no ámbito habitacional e de pobreza enerxética.


Exposición de motivos para presentar a Lei, en Madrid, no Congreso dos Deputados, onde quedou rexistrada a 10 de xaneiro de 2018

O Reino de España é un dos estados europeos máis afectados pola crise económica. Desde o estalido da crise económica e da burbulla inmobiliaria en 2007, a poboación do territorio do estado está sufrindo os severos impactos da segunda taxa máis alta de desemprego da Unión Europea e do índice de pobreza máis alto respecto dos estados que a conforman. A iso hai que engadir os recortes orzamentarios feito que impactou profundamente no ámbito social. Todo iso desencadeou nunha situación de emerxencia social da que aínda perviven os seus efectos e que foi especialmente grave no ámbito da vivenda.

Esta lei ten, polo tanto, o obxectivo de lexislar cinco mecanismos básicos para facer fronte, de xeito efectivo e eficaz, á urxencia residencial dando resposta e solución ás situacións de sobre-endebedamento, ao abuso do sistema financeiro, dando alternativa habitacional ás familias en situación de exclusión residencial que sofren procedementos de lanzamento xa sexa por execucións hipotecarias, non pago de alugueiro ou estar en precario, á vez que se desenvolven mecanismos para aumentar o parque de vivenda pública, á inestabilidade e inseguridade da lexislación de arrendamentos urbanos que dificultan o acceso á vivenda mediante esta opción, e finalmente, mecanismos que eviten situacións de cortes de subministros básicos aos que todo cidadán ten que ter acceso.

Texto integro da Lei Rexistrada no Parlamento Español este 10 de xaneiro de 2018. | Acceder/Baixar.

||||||||||||||||||||