mércores, 31 de agosto de 2016

Obxectivo cumprido: acordo unanime para reorganizar e dar-lle un pulo á cordinación galega de PAHs e STOPs en defensa do dereito a unha vivenda digna - As Cinco das PAHs e STOPs da Galiza e as Eleccións Galegas do 25S


O pasado sábado 22 de Agosto de 2016, reunimos-nós en Compostela, na xuntanza de coordinación galega, PAHs e STOPs de Lugo, Coruña, Ourense, Vigo e Ferrol. O obxectivo era reorganizar a coordinación galega, recuperar a coordinación do movemento polo dereito a unha vivenda digna, actualizar as ferramentas de coordinación... compartir e valorizar o traballo feito.

Perante tres horas de actividade, as persoas que participamos, conseguimos cumprir todos os obxectivos da xuntanza, compartimos a actividade realizada e perfilamos a futura, ... decidimos recuperar os nosos proxectos lexislativos, para actualiza-los e mellora-los, como o proxecto de Lei de Vivenda da Galiza, ... Acordamos consolidar as ferramentas de coordinación que utilizamos e a maiores abrir unha páxina no facebook onde tod@s sexamos administradores.

E esixir as organizacións políticas perante as vindeiras eleccións galegas que se van celebrar o 25 de Setembro, que leven nos seus programas e defendan publicamente as 5 das PAH, como así fixeramos nas Eleccións Xerais do 20 de Decembro do pasado ano 2015.

Grupos Stop/Pahs de Galicia reunímonos hoxe en Compostela

Enfrontámonos a un novo curso onde a pesar de que cada día conseguimos arrincarlle máis e máis cousas dos Bancos, constatamos un aumento dos Desafiuzamentos por Alugueiro e un crecente número de familias que sofren cortes de subministracións básicas.

O PP nestes últimos anos non deixou de sacar a ritmo vertixinosos máis e máis leis acurralado por un movemento de demanda popular e de sentenzas condenatorias da Comunidade Europea.

É o labor e o traballo do movemento antiDesafiuzamentos e contra a pobreza enerxética, o alugueiro social foi, como dicimos esta mobilización e demanda ciudadá a que obrigou ao PP para mover ficha.

Ao PP dicímoslle que as súas leis non chegan, que deixan fóra a importantes sectores sociais por incumprir algún do labirinto de requisitos que supoñen a maioría das súas axudas, con atino bautizadas como verdadeiros "labirintos da exclusión".
.
Ademais da escandalosa actitude ditatorial do PP que non ten freo, e que se reflectiu na suspensión de leis autonómicas que deron pasos importantes para acabar coa emerxencia: o Decreto Lei Andalucía a Lei foral 24/2013 de Navarra, a Lei 3/2015 de vivenda do País Vasco e a Lei 2/2014 Canaria de vivenda e despois a Lei Catalana. Leis que foron aprobadas democraticamente nos parlamentos de cada autonomía e defendidas por unha masiva maioría social que quería acabar coa tolemia de vivir nun país con máis de 150 desafiuzamentos ao día.

En Galicia a pesares das promesas políticas sobre a procura de solucións para os desafiuzamentos non evitaron que o ano pasado se practicaran en Galicia 2.432 lanzamentos, é dicir, que practicamente sete familias cada día perdesen as súas vivendas.

É indiscutible que o PP continúa apostando pola vivenda como un obxecto de especulación e negocio e non como un dereito, onde a función social da vivenda tería que estar no centro. Aposta abertamente porque España sexa o estado da Unión Europea onde máis se despexa, e que Galicia encabece as comunidades con máis vivenda baleira e co parque público de VPO máis pequeno.

#As eleccións Galegas van supoñer unha vez mais, ou a continuidade destas políticas, ou un cambio que supoña dunha vez por todas o dereito efectivo á vivenda e que se garantan as subministracións básicas para todas as galegas e galegos.

Por iso dirixímonos aos partidos políticos que se presenten ás eleccións para que leven nos seus programas #As5deLaPAH as #5dasStopePAHdeGalicia.

É de puro sentido común, para calquera cidadá, que todo partido que aspire a gobernar debe tomar un compromiso tácito a favor dun dereito tan básico para a vida como o é a vivenda. Como xa advertimos na carta ás novas deputadas, non pararemos ata que consigamos protexer o dereito á vivenda en Galicia, ata que se lexislen as 5 da PAH.

Emprazámoslles a contestarnos e á ter á máxima brevidade unha reunión connosco.

E esixiremos a única rectificación posible: a inclusión das 5 da PAH nos seus programas electorais de maneira clara e explícita. Inclusión que despois deberán confirmar en declaracións públicas. E por suposto, facer realidade se forman goberno. Cando hai vidas en xogo, cando hai solucións reais, non hai zonas grises.

||||||||||