mércores, 31 de agosto de 2016

Concentración na Coruña ante a Audiencia Provincial e presentación de denuncia ante Xuíz Decano contra os desafiuzamentos e o incumprimento das sentenzas e normativas da UE, ante os abusos da banca - Venres 2 de Setembro ás 11 da mañá


Concentración e rolda de prensa, pola presentación dun novo escrito a Xuíz Decano contra os desafiuzamentos o incumprimento das leis e normativas da UE, ante os abusos da banca.

Por non aplicar os xulgados a paralización dos procesos de execución hipotecaria, por ter declarada a UE, a Lei Hipotecaria do Reino de España, contraria a normativas europeas por clara indefensión da cidadanía. Por consentir o fraude das titulizacións bancarias.

NIN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASAS !

Día: Venres 2 de Setembro de 2016
Hora: De 11 da mañá a 12 do mediodía.
Lugar: Praza da Audiencia Provincial, na Rúa Monforte, A Coruña
   
Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/214268102309510/

Concentración e presentación de resposta ao escrito do Xuíz Decano

Este venres, 2 de Setembro ás 11:00h, concentrarémonos diante dos xulgados e presentaremos resposta ao escrito do Xuíz Decano.

O pasado día 12 de Xullo presentamos un escrito ao Xuíz Decano D. Luís Pérez Merino no que se lle solicitaba que convocase á Xunta de Xuíces e que paralizasen tódolos procedementos xudiciais abertos por execución hipotecaria do seu partido xudicial por vulneración grave da Lexislación Europea.

Ante a súa resposta, na que nos di que eso non entra dentro das súas funcións e que non temos lexitimidade, imos entregarlle outro escrito no que lle lembramos, entre outras cousas, as súas funcións segundo o BOE, a nosa lexitimación para socilitarlle isto (xa que a pon en duda), a Lei Organica do Poder Xudicial (LOPJ) no seu artigo 170.2 e tamén apelamos a súa vocación.

Audiencias como as de Bilbao, Barcelona, Valencia, Zamora, Guipúzkoa e Pontevedra cambiaron xa o seu criterio ante as advertencias da Unión Europea que din que a nosa lei hipotecaria é contraria á normativa comunitaria (por non garantir os dereitos das persoas afectadas polos abusos bancarios) e tamén vulnera a lei dos consumidores da EU.

Na Audiencia da Coruña, os nosos xuíces lonxe de declarar abusivas as cláusulas, seguen aplicándoas abrindo así as portas aos desafiuzamentos.

É por todo sito que tras a concentración presentaremos o escrito no registro do xulgado.

Seguimos agardando con estas accións que o Xuíz Decano e os xulgados da cidade tomen conciencia por fin da situación que se está a sufrir e da súa responsabilidade dentro dela, que apliquen en tanto a normativa europea e teñan a unificación de criterios como punto principal das súas sentencias.

Nós, lembrarémoslles tantas veces como fagan falla que a Unión Europea ven a declarar a Lei de Execución Hipotecaria Española como unha clara vulneración dos dereitos dos cidadáns.

---

Correo-e de contacto de Stop-Desafiuzamentos da Coruña.
Para contactar con nós manda un mail a:
desahucios.coruna@gmail.com

Sitio na rede:
http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/

Conta de facebook:
https://www.facebook.com/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A-216065495111451/

Conta en Twitter:
https://twitter.com/desahuciocoruna

|||||||||||||||||||||