luns, 28 de marzo de 2016

Stop Desafiuzamentos de Ourense demanda ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo un trato digno para as mulleres vítimas de violencia machista.

CONCENTRACIÓN DE DENUNCIA, NO IGVS, O TRATO DADO AS VÍTIMAS DE VIOLENCIA XENERO.

O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense chama, nesta ocasión dun xeito especial, a cidadanía de Ourense a participar nunha concentración que faremos diante do I.G.V.S (Instituto Galego de Vivenda e Solo) mañá luns 21 ás 12:00h da mañá  para denunciar e facer público un xeito de violencia que o sistema exerce contra as mulleres xa vítimas de violencia machista.

En outras ocasións chegaron o colectivo mulleres nesta dramática situación; logo de denunciar as súas exparellas por malos tratos, vense en situación extremas, algunhas veces con menores a cargo, por non dispor dunha vivenda estable e carecer de recursos suficientes  para garantir o pago dun aluguer. O feito de ter menores o seu cargo e poder perder a tutela, ou o medo a súa exparella impídelles facer pública a súa situación.

Nesta ocasión o 10 de marzo, despois de darlle o noso contacto Cruz Vermella, chámanos unha muller, vítima de violencia de xénero, sen apoio familiar algún, con un fillo menor con con autismo e dependencia recoñecida de Grao III.

Logo de esquecerse de selar, no mes de novembro de 2015, a tarxeta do INEM, deixa de percibir a única axuda, unha RAI. Dende esta data non pode de pagar o aluguer da vivenda onde reside, acumulando  5 meses de impago.O luns 14 de marzo de mañá presentamos escrito no Concello de San Cibrao das Viñas e reunímonos co Alcalde para derlle traslado en persoa da situación desta muller. Fainos saber que xa coñecen o caso e que eles non poden facer ren. Tamén o mesmo día presentamos escrito no IGVS,  temos unha xuntanza coa Delegada Territorial para expoñerlle en persoa o caso.

O mesmo día 14 pola tarde a nosa compañeira decide abandoar a vivenda para non causar máis perxuizos o propietario, destacamos o comportamento respectuoso e comprensivo do mesmo e da súa avogada, e tamén para manter o maior anonimato posible para que non chegue a súa exparella. As pertenzas da mudanza son almacenadas na casa dun compañeiro do colectivo e vaise a casa dunha persoa que coñece que a acolle por unha semana.

O día 15 volta a outra reunión coa Xefa de Area e coa Delegada do IGVS, acompañada por outras compañeiras do colectivo. O venres día 18 concentrámonos espontaneamente diante do IGVS e voltamos a ter unha bronca reunión (faltóusenos o respeto nada máis sentarnos na mesa) para expoñerlle que esa mesma tarde esta muller e o seu fillo quedaban na rúa. En todas as ocasións no IGVS se nos da traslado da falta de recursos, e que xa están co caso, pero ningunha solución de emerxencia, a máis próxima, de habela, para dentro de un mes ou mes e medio.

. O día 18 pola tarde  ten que deixar a vivenda da perosa que a acolleu. Tivo que ser o colectivo Stop-Desafiuzamentos quen, grazas a solidaridade de outra compañeira do colectivo,  procurou provisionalmente unha vivenda esta muller.

Logo de suspendérenlle RAI, a día de hoxe, so percibe unha axuda de 193€, que cobra dende xaneiro, pola dependencia do seu fillo  a espera de recuperar a RAI son os únicos ingresos dos que dispón. Neste momento non ten ningún lugar onde vivir nin dispón das posibilidades económicas para afrontar un aluguer.

Queremos denunciar:

O desleixo do Concello de San Cibrao das Viñas e da Xunta de Galicia, que ten competencia exclusiva en materia de vivenda, no trato dado a unha muller nesta situación e consideramos que é outro xeito de violencia, niste caso institucional. Xustifícanse as administracións na falla de recursos, nos aseguramos que si hai recursos,  por todos é coñecido, que son espoliados por autenticas mafias corruptas e no rescate do sistema financeiro intricado nas mesmas. Unha vez máis observamos o rigor coas familias e a laxitude en perseguir e castigar os que rouban os recursos de todas.

Que se esteña permitindo, durante o todo o Goberno de Mariano Rajoi, outro segundo nivel especulativo, facilitando que fondos voitres estean a mercar  vivendas sociais que se apalacan no Banco Malo, a SAREB, sen darlles uso, a espera de altas rendibilidades. Que se Sanee os balances dos bancos, rescatandos con diñeiro público dos nosos impostos, mentres familias e mulleres maltratadas se ven competindo por recursos básicos para a subsistencia. ¡ESTO É VIOLENCIA!

Demandamos:

- Que as diferentes administracións Concello e IGVS cumpran coa súa obriga constitucional, de facer efectivo o dereito a vivenda digna, e proporcionen de xeito inmediato unha vivenda social a prezo axeitado para esta compañeira.

- A Xunta de Galicia e o Goberno Español que a política de vivenda se encare de maneira urxente, dende a perspectiva dos dereitos fundamentais recollida no Titulo Primeiro da Constitución Española e non dende a perspectiva dos Principios Reitores da Política Social e Económica da capitulo III, como se está a facer. Esiximos polo tanto o abandono do uso mercantilista da vivenda.

- Que se implementen protocolos efectivos para que  mulleres en situación de violencia machista recoñecida se lles proporcione de xeito inmediato vivendas de alugueiro social.

- Os concellos unha maior coordinación inter-administrativa que detecte posible erros,  para poder correxilos, de xeito que non se chegue estas situacións dramáticas.

Ourense, a 20 de marzo de 2016

Stop-Desafiuzamentos Ourense
stopdesahuciosourense@gmail.com
http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/STOP-DESAHUCIOS-OURENSE-310140959036554/

|||||||||||||||||||||||