mércores, 9 de xullo de 2014

Acompañamento popular ás compañeiras xulgadas polo desafiuzamento de Aurelia Rey - Manifestación na Coruña o Sábado 12 de Xullo


Acompañamento popular ás compañeiras xulgadas polo desafiuzamento de Aurelia Rey

Bon serán a todas e todos,

O 18 de febreiro do ano 2013 a cidade da Coruña demostrou que as redes comunitarias baseadas na solidariedade, conciencia, empatía e afectos son as armas máis fortes para facer fronte á "inxustiza lexislada". Naquel día, centos de persoas concentrámonos na rúa Padre Feijoo e freamos o desafiuzamento de Aurelia Rey.

Mañá, xoves 10 de xullo, dúas compañeiras e un compañeiro serán xulgadas polo simple feito de terlles solicitado o número de placa a un policía que previamente lles pedira o seu número de DNI. No actual contexto de criminalización gubernamental da solidariedade e terxiversación capitalista dos valores humanos máis fundamentais, estas persoas foron acusadas dun "delito" consistente en “obstaculizar a rúa e o paso de vehículos”, sen que a día de hoxe se teña nin sequera concretado o tipo delictivo referido -malia a ter sido solicitado fai meses como “cuestión previa” por parte das avogadas das persoas afectadas-.

Para denunciar esta situación de abuso, visibilizar a represión á que nos teñen sometidas e arroupar a estas compañeiras, concentrarémonos mañá a partir das 09:30hrs. diante dos xulgados da Praza Monforte (A Coruña). Porque se tocan a unha, tòcannos a todas.

Manifestación na Coruña o Sábado 12 de Xullo

Asemade, o vindeiro SÁBADO 12 de XULLO animamos a toda a cidadanía a participar na manifestación que partirá ás 20.00hrs. dende a Praza de María Pita baixo o lema REPRÍMENNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI, convocada co obxectivo de visibilizar a violencia represiva que o Partido Popular está a empregar contra as persoas e colectivos que denunciamos publicamente a destrución dos máis elementais dereitos humanos e sociais que está a executar o goberno do Estado.

PLATAFORMA CONTRA A REPRESIÓN - A CORUÑA

Acompañamento xuízo
                   DATA
HORA
LUGAR
Xoves
10
xullo

09.30hrs.
Xulgados da Praza Monforte
(A Coruña)
   
MANIFESTACIÓN REPRÍMENNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI
DATA
HORA
PUNTO DE SAÍDA
Sábado
12
xullo

20.00hrs.
Praza de María Pita
(A Coruña)

||||||||||||||||||