xoves, 10 de abril de 2014

#GrazasAda!! - Vídeo


http://youtu.be/-_MntsoCcMY

Ante as difamacións e os insultos que Ada Colau recibiu nos últimos días, a PAH contesta como mellor sabe facer: cun xesto de amor e de agarimo. Porque Ada somos todas as persoas que estamos nas PAHs ou a apoiamos desde fóra. Porque a súa voz é a nosa, e somos miles, centos de miles que berraremos xuntas até que se nos escoite e se atenda ás nosas demandas: demandas que non son caprichos, son necesidades e salvarían vidas.

Ada, grazas polo teu valor, e grazas a todas e cada unha das persoas que conforman este gran movemento. Con este vídeo, PAH Bcn -en colaboración con xente doutras moitas PAHs- quere recordar que só a debilidade do noso adversario, a falta de argumentos e a lexitimidade incontestable do movemento poden explicar estes ataques. Si tócannos a unha, tócannos a todas... e somos moitas, somos ImPAHrables e imos gañar!

||||||||||||||||