mércores, 24 de abril de 2013

Todas e todos ao Pleno do Concello de Ferrol

Este Xoves 25 de Abril, ás 18:30hs, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 116 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil. Media hora máis tarde está previsto que que comece o Pleno, onde unha Comisión de Afectadas e membros da nosa Rede, teñen solicitado a intervención no mesmo de Laura Luz Garcia Rivero. Que expoñerá a situación do colectivo de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil.

O  12 de Abril, presentou-se no rexistro do Concello unha reclamación como persoas afectadas, que  figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda. Sabemos que hai vivendas baleiras aptas para vivir, que só necesitan sinxelas reformas ou reparacións. Non se pode permitir que estean tapiando as vivendas baleiras e pola contra estas non se adxudiquen, segundo o disposto no punto 7 do Artigo 2, do Regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas protexidas do barrio de Recimil. A situación económica, desde o 2010, destas familias, segue sendo moi difícil, mesmo empeorou, polo que necesitan que se lles adxudiquen e entreguen as vivendas sen demora.

Unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por membros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, solicitaron unha reunión co Sr. Alcalde. A nosa intención era a de presentar as nosas queixas e de reclamar as nosas demandas. Foi o  12 de abril, cando solicitamos por rexistro unha xuntanza urxente. Mais o luns 15 de abril, cando algunhas das persoas membros da Comisión, ían concretar o día da reunión co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, mantiveron un contacto onde lles pediu dous ou tres días máis de prazo, mais nós démoslle catro, para ter algo máis concreto para falar con nós, dicía, pois podería dispor dunhas 30 vivendas que podería adxudicar nos próximos días. Mais pasou o tempo e non temos noticias do Concello. Polo que o pasado sábado, 20 de Abril, reiteramos, no rexistro do Concello, a petición para que nos concedera, unha xuntanza de urxencia con el e co concelleiro e concelleira, responsábeis de Patrimonio e Benestar Social.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||