mércores, 2 de febreiro de 2022

Apróbase a Lei de Vivenda do Goberno no Consello de Ministros - O martes 1 de febreiro de 2022 o goberno acordou a tramitación da Lei de Vivenda promovida por un acordo entre o PSOE e Unidas Podemos



O texto do Goberno de PSOE e de Unidas Podemos sofre grandes carencias para garantir realmente o dereito á vivenda.


A proposta de Lei de Vivenda do Goberno foi probada este martes 1 de febreiro de 2022, polo que se inicia a súa tramitación no Congreso dos Diputados.

Desde a PAH non podemos celebrar como nos gustaría o inicio da tramitación parlamentaria dunha lei que debería ser histórica e dista moito de selo. A primeira Lei de vivenda do Estado Español, chega cun ano de atraso por parte do Goberno e cun texto pouco ambicioso, como xa anunciamos coas nosas alegacións ao anteproxecto o pasado mes de novembro.

Unha lei que non dá resposta á urxencia residencial cronificada e non suscita ningunha solución efectiva para acabar cos desafiuzamentos e garantir unha vivenda digna a quen os sofre.

Anunciamos que imos seguir esixindo que esta Lei sexa unha Lei que garanta o dereito á vivenda e non quede nun proxecto de anuncio sen contido útil e real para a vida das persoas.

Esta Lei ten que servir para sentar as bases dun dereito establecido na nosa Constitución. Que non se siga vulnerando o Pacto Internacional polos Dereitos Económicos, Sociais (DESC), que prohibe os desafiuzamentos de persoas vulnerables sen unha vivenda digna garantida e que obrigue a grandes tenedores a ofrecer alugueiro social previo a un desafiuzamento. Medidas básicas para facer fronte á urxencia residencial e impedir que aumente máis, sendo necesario a obrigatoriedade de ofrecer alugueiro social os bancos e grandes propietarios e o realoxo a administración en casos de pequenos propietarios; así como a posta en marcha de medidas que eviten a perda de ningunha vivenda máis.

Máis aló de mecanismos para combater a urxencia (agora non contén ningún), tamén debe incluír medidas que ofrezan cambios estruturais e son de clamor popular fai anos: regular os prezos dos alugueiros de xeito real e aumentar ineludibelmente o parque público de vivenda coas vivendas baleiras dos bancos rescatados para compensar a brutal apropiación do Estado, así como incorporación ao parque público tamén do 100% das vivendas da Sareb, e incorporación de vivendas baleiras de Socimis e fondos voitres polo tratamento fiscal preferente.

É necesario o recoñecemento do Dereito subxectivo á vivenda -para que sexa unha realidade debe poder esixirse ante os órganos administrativos e xudiciais- e novas medidas que acaben co sobrendebedamento das familias, empezando polo recoñecemento da Responsabilidade Limitada ao ben hipotecado, a dación en pago si continúanse con débedas para sempre, a non embargabilidade da vivenda habitual e unha regulación dunha 2ª oportunidade real, con medidas como a imposibilidade de desafiuzar vivenda habitual cando o debedor vulnerábel estea incurso en procedemento 2º oportunidade; cancelación da débeda vinculada á vivenda habitual; xustiza gratuíta; supresión real gastos notario e rexistrador...

Por outra banda, As administracións públicas deben garantir o dereito de acceso ás subministracións básicas de auga potábel, de gas, de electricidade, a todas as persoas e unidades familiares ou de convivencia en situación de exclusión residencial mentres dure esa situacción.

Desde a PAH seguimos premendo cos partidos que apoiaron ate o final a Lei que promoviamos dentro da Iniciativa Lei vivenda e desde as rúas esixindo cambios valentes na tramitación desta Lei.

Iniciaremos unha ofensiva para dar a coñecer as carencias desta lei e as propostas de sentido común da xente, que cada día ve como non pode chegar a fin de mes e é desafiuzada das súas casas sen que ningún Goberno de quenda faga nada para resolver esta situación.

Fote: PAH.

---