venres, 17 de decembro de 2021

José Mari Erauskin: 'A banca séguese rindo da lei' - Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra denuncia, diante dos Xulgados de Ferrol, ás malas prácticas da bancan que cometen fraude de lei, impedindo a familias vulnerábeis acoller-se aos beneficios do Código de boas prácticas - Vídeo da Rolda de Prensa



Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra denuncia, diante dos Xulgados de Ferrol, ás malas prácticas bancarias que cometen "fraude de lei", impedindo a familias vulnerábeis acoller-se aos beneficios do Código de Boas Prácticas. Un código asumido voluntariamente pola case totalidade das entidades financeiras, coa mesma unanimidade co que intentan non cumprilo.

"A banca séguese rindo da lei" Jose Mari Erauskin.

A Banca continúa escondendo a existencia do Código de Boas Prácticas Bancarias con total impunidade, cometendo continuas fraudes de lei e ríndose dos dereitos dos seus clientes.

Este mércores 15 de decembro, Maite Ortiz Pérez e José María Erauskin Vázquez, estiveron nos Xulgados de Ferrol, para defender a un afectado polo incumprimento, por parte da entidade Abanca, do Código de Boas Prácticas (CBP), que vendeu os dereitos do préstamo hipotecario a un fondo voitre, sen antes ofrecer os beneficios do CBP, para non perder a vivenda.


---