sábado, 21 de marzo de 2020
Si o Goberno Progresista realmente non quere deixar a ninguén atrás, como sucedeu en 2008, debe ampliar as súas miras e non limitarse a un morno adiamento das hipotecas - A vivenda é de primeira necesidade e un dereito - Que esta crise sanitaria non se converta no motivo para que un maior número de familias perdan o seu fogar
Sobre o Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, en términos de vivenda, desde a PAH vemos curtas e pouco efectivas as resolucións plasmadas en vivenda. Botamos de menos, unha vez máis, que se obrigue á banca e grandes propietarios, como os fondos voitre, a corresponsabilizarse para rescatar realmente ao sector máis vulnerábel da cidadanía, ampliado por culpa da crise sanitaria. Apelando ás palabras de Pedro Sánchez, non basta con esperar a que se xere unha cadea de solidariedade por parte dos especuladores, son necesarias medidas que lles obriguen a iso, exonerar o pago de hipotecas e de alugueiros, para non ampliar por culpa do coronavirus o número de desafiuzamentos xa programados e suspendidos, que se activarán cando se retome a actividade xudicial. A vivenda é de primeira necesidade e un dereito. Que esta crise sanitaria non se converta no motivo para que un maior número de familias perdan o seu fogar.
Estes duros momentos que están padecendo todas as persoas, non deben traducirse tanto nunha maior protección para empresas con grandes beneficios senón nunha auténtica protección das familias traballadoras, para que non volvan ser quen maior sufran os efectos desta crise sanitaria que, sen ser alarmistas, pode xerar unha nova etapa de recesión da que custará recuperarse.
Sobre a moratoria do pago de hipotecas, a quen cumpran todos os requisitos de vulnerabilidade, consiste simplemente nunha suspensión temporal do pago de cotas, que se renovarán unha vez conclúa a súa vixencia que, inicialmente é de só un mes. Unha vez concluída esa vixencia, as persoas hipotecadas terán que seguir facendo fronte aos seus pagos -a diferenza das empresas que soliciten ERTEs, que quedarán exoneradas do pago das cotas de Seguridade Social-. Para a banca, supón só unha demora no cobro e saír airosa desta situación que nos afecta a todas, nada novo. Desde a PAH pedimos a exoneración das cotas.
Aos avalistas recoñéceselles unicamente o dereito de exclusión só si tamén cumpren os supostos de vulnerabilidade, e o limitado prazo para solicitar a moratoria deixará fóra a quen padezan os efectos retardados da crise, separadamente do colapso burocrático cando se levante a corentena.
Estamos ante unha situación de emerxencia, ante a cal a banca tamén debe asumir perdas económicas como o resto da cidadanía e devolver á sociedade, con vivendas baleiras, o rescate non pagado que ascende a 65.725 millóns de euros. Tras máis de 23.000 millóns de beneficios declarados pola banca en 2019, hai que facerlles asumir a súa responsabilidade xa que son culpábeis da crise económica. As familias xa pagamos a crise de 2008; moitas sen vivenda, outras aínda sobre endebedadas e quedamos miles ameazadas polo capital, e non debemos volver pagar esta.
Tampouco é suficiente a moratoria do corte de subministros básicos e telecomunicacións (ao consumidor vulnerábel ou en risco de exclusión) e máis sen establecer como nin cando haberá que facer fronte ás facturas acumuladas tras acollerse a esta moratoria. Por que non implicar ás grandes empresas subministradoras na moratoria e en definitiva na factura final das familias? Nuns momentos en que o confinamento provocará subidas importantes no consumo dos subministros básicos, sumado á caída dos ingresos para moitos fogares, non basta con garantir que non haxa cortes por non pago ou ampliar no tempo o bono social, hai que corresponsabilizar ás subministradoras para que asumen o custo das facturas das familias en vulnerabilidade. Cos beneficios millonarios debido aos prezos inchados das facturas, ben poden rebaixalos un pouco empatizando coa crise sanitaria e o efecto sobre toda a poboación. Cabo resaltar que non debería ser o estado quen compense ás subministradoras, falamos de rescatar persoas.
A maior gravidade deste Real Decreto, recae na falta de mención aos alugueiros e a unha moratoria das rendas. Si as inquilinas xa protagonizan case o 70% dos desafiuzamentos habituais, é obvio que é estes momentos de crises son un dos sectores da sociedade con maior risco de non pago e perdida de fogar. Deixar o futuro das inquilinas a mans da "filantropía" dos grandes caseiros como Blackstone, é pura barbarie. A falta de medidas a este respecto, no que habería que corresponsabilizar aos grandes propietarios -banca e fondos voitre- desta situación, compensando a particulares, persoas físicas, deixa atrás a miles de persoas que viven de alugueiro no noso país. Algo que nos sorprende cando a primeira instancia o alugueiro parecía o primeiro cabalo de batalla deste novo goberno. Si a maioría das casas alugadas no conxunto do Estado, son propiedade da banca ou de SOCIMIS (paraísos fiscais societarios) participadas pola banca. Por que non exonerar esas rendas de alugueiro mentres dure a crise? Non pode aumentarse a emerxencia habitacional privando do dereito a este amplo sector da cidadanía.
Malia o dito por Pedro Sánchez, na súa comparecencia post Consello de Ministros sobre que "ninguén perdería a súa casa por esta crise", este Real Decreto non contempla absolutamente nada sobre desafiuzamentos no texto legal, polo que, unha vez se reactiven os xulgados volverán moitas familias a ser postas na rúa. A final de ano haberá que sumar aos desafiuzamentos previstos antes da crise, os que se provoquen como consecuencia desta recesión económica. E esta situación é insoportábel.
Que mellor momento que este para recuperar o rescate bancario e o espolio de fondos voitre que exonerando do pago aos afectados mentres dure a crise e os seus efectos no tempo? ou a renovación dos alugueiros sociais que vencen agora?
Bankia, Sareb e demais entidades rescatadas ou beneficiadas da crise deben deixar de desafiuzar, e aportar a contraprestación social que negaron mentres todas nos apertamos o cinto, que mellor momento para obrigarse a cumprir o ditame DESC? A banca, e os fondos voitres que entraron con ela, levaron a moitas afectadas a perder a súa saúde e vida, que mínimo que mobilizar a súa vivenda para poñela a disposición da sociedade e dar resposta social a persoas en precario que non poden acceder a unha vivenda adecuada nun mercado inflado, ou vítimas de violencia machista agora máis desprotexidas por esta nova crise. Si as medidas do Goberno deixan descolgadas a tanta xente empobrecida que xa sufría precariedade antes desta crise, non podemos admitir que aumente, sendo vital o establecemento dunha renda básica que asegure vivir dignamente a todas as persoas.
O avanzado ate agora, o adiamento do cobro de hipotecas ou a prohibición de cortes de subministros básicos, é consecuencia directa da campaña iniciada pola PAH e por decenas doutros colectivos sociais que esiximos un Plan de Choque Social, unha resposta social á crise económica que está xerando esta emerxencia sanitaria. Recordamos a postura de Nacións Unidas e a das súas relatores especiais que visitaron recentemente o noso país, evitar os retrocesos en materia de Dereitos Humanos é tan só unha cuestión de vontade política. Afirmación que agora colle moito máis sentido e responsabilidade.
Si algo está demostrando esta crise sanitaria, é a conciencia social. Tras anos denunciando os recortes públicos e as privatizacións, agora estamos vendo o efecto deste tipo de políticas. Malia iso, grazas ao compromiso das súas traballadoras, a sanidade pública está dando unha gran demostración de forzas e solidariedade.
Organizadas na PAH, seguiremos premendo para conseguir que a banca, fondos voitre e socimis, xunto ás grandes eléctricas e subministradoras se corresponsabilicen da situación, diminúan un pouco os seus beneficios a cargo do rescate non pagado, para que as perdas non recaian sempre nos centos de miles de familias, se complementen medidas en materia de alugueiro e, en definitiva, ate que se nos asegure que esta crise non a imos a pagar agora e máis adiante as de sempre.
A PAH quere abrazar a todas as persoas que, por un motivo ou outro, están sufrindo a situación, especialmente as persoas afectadas pola enfermidade e os seus familiares; damos explicitamente as grazas a todas as valentes da Sanidade que aínda expoñendo as súas vidas, regálannos vida, a todas aquelas que coa súa xenerosidade márcannos un horizonte de esperanza e superación no futuro. Contade coa PAH para logralo.
Fonte: PAH.
Documentación:
⏩ Texto Consolidado: Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. | Ir ao BOE.
⏩ Ditame aprobado polo Comité no seu 61° período de sesións do 29 de maio a 23 de xuño de 2017. | GE.17-05800 (S) - Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. | Comunicación Nº 5/2015* | 18 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
---
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113
---