O 18 de marzo, no medio da crise sanitaria xerada pola COVID-19, publicouse no BOE un paquete de medidas aprobadas polo Goberno para facer fronte á situación. Entre elas, atópase unha moratoria hipotecaria (posponse o pago da cota) nos casos de vivenda habitual. Ler ben este documento para saber si se está entre os supostos para acollerse a dita moratoria.
A continuación resumimos as liñas básicas e presentamos un Documento Útil para solicitalo á túa entidade bancaria. En caso de dúbida dúbida, escribir ao correo-e da PAH:
afectadosporlahipoteca@gmail.com
Base normativa
⏩ Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.
⏩ Enlace: BOE.
⏩ Moratoria de débeda hipotecaria para adquisición de vivenda habitual: arts. 7-16.
Ámbito de aplicación
⏩ Contratos de préstamo ou crédito garantidos con hipoteca inmobiliaria para adquisición de vivenda habitual.
⏩ Debeor nos supostos de vulnerabilidade económica do artigo 9 do RDL.
⏩ Extensivo a fiadores e avalistas do debedor principal, respecto da súa vivenda habitual.
Situación de vulnerabilidade económica
Catro supostos. O texto non é claro sobre si se deben cumprir os 4 ou só 1. Indica literalmente: "cuxo debedor se atope nos supostos de vulnerabilidade económica establecidos no artigo 9 deste real decreto-lei". Como hai interpretacións diferentes, aplicaremos a máis favorábel para o consumidor:
⏩ 1. Nova situación de desemprego ou empresarios/profesionais con perda substancial de vendas/ingresos (mínimo 40%).
⏩ 2. Ingresos unidade familiar non superen o mes anterior á moratoria:
- Carácter xeral: 3 IPREM mensual = 1.613,52 euros.
- 0,1 x fillo a cargo = 53,78 euros.
- 0,15 x fillo a cargo para familias monoparentales = 80,68 euros.
- 0,1 x maior de 65 anos = 53,78 euros.
- Unidade familiar con persoa con discapacidad > 33%: 4 IPREM = 2.151,36 euros.
- Debedor hipotecario con parálises cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual, todas > 33%; discapacidade física ou sensorial > 65%, enfermidade grave que incapacite ao debedor ou o seu coidador para traballar: 5 IPREM = 2.689,20 euros.
⏩ 4. Alteración significativa das circunstancias económicas da unidade familiar por mor da urxencia sanitaria: o esforzo da carga hipotecaria multiplicouse mínimo 1,3.
Fiadores, avalistas e hipotecantes non debedores
Si son vulnerábeis, poderán esixir que o banco esgote o patrimonio do debedor principal antes de reclamarlles a débeda a eles. Non exclúe a aplicación do Código de Boas Prácticas ao debedor principal.
Acreditación das condicións de vulnerabilidade
Desemprego: certificado de prestacións coa contía mensual percibida.
Cese de actividade: certificado expedir por Facenda ou a CCAA.
Número de persoas que viven na vivenda:
- Libro de familia ou certificado de parella de feito.
- Certificado de empadroamento actual e que abarque os 6 meses anteriores.
- Declaración de discapacidade, dependencia ou incapacidade permanente (si é o caso).
- Nota simple de todos os membros da unidade familiar.
- Escrituras da compravenda e a hipoteca da vivenda.
- Declaración responsable indicando que se cumpren os requisitos do RDL.
- Desde o 19 de marzo.
- Ata 15 días (3 semanas) despois do fin da vixencia do RDL. Iso é, si non hai unha modificación para ampliar a súa vixencia, o 3 de maio de 2020.
- Unha vez realizada a solicitude, o banco deberá complementar nun máximo de 15 días (3 semanas).
- Suspensión da débeda hipotecaria durante o prazo de vixencia. Non se pode esixir o pago, pero a cantidade que se debe mantense igual. ¡Non é unha condonación! Tampouco se poderá esixir o pago de calquera outro concepto que integre a cota hipotecaria: amortización do capital, pago de intereses. Non se devengarán intereses.
- Non aplicación da cláusula de vencemento anticipado durante a moratoria.
- Si un debedor hipotecario se beneficia das medidas sen cumprir cos requisitos será responsábel de danos e prexuízos, así como outros gastos de aplicación das medidas.
- O importe desta indemnización non poderá ser inferior ao beneficio que obteña.
- Tamén será responsábel o debedor que busque situarse ou manterse nas condicións de vulnerabilidade á mantenta para ser beneficiario das medidas.
Descarga aquí o documento útil para presentalo na entidade bancaria. | Acceder/Baixar.
Loxicamente, esta moratoria quédase moi curta e seguiremos loitando para que esta crise non a paguen as de sempre. Necesitamos un plan de choque social que non deixe a ninguén na cuneta. Exerce os teus dereitos.
Pode-se!
Publicado pola PAH en 19 de marzo de 2020.
#coronavirus
#covid-19
#StopDesafiuzamentos
---
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113
---