martes, 17 de marzo de 2020

Plan de Choque Social pola suspensión de pagos da hipoteca e o alugueiro



Plan de Choque Social pola suspensión de pagos da hipoteca e o alugueiro


Ou se suspenden os pagos de alugueiro e de hipoteca para as persoas que están deixando de percibir ingresos, ou nos enfrontamos a unha crise de vivenda maior que a de 2008.

En poucos días miles de persoas están sendo despedidas dos seus traballos ou sufrindo ERTEs. Moitas familias que de súpeto deixan de recibir ingresos, vense confinadas no seu fogar, pero en cambio seguen tendo que pagar o alugueiro, a hipoteca e os subministros básicos do fogar.

Xa nos empezaron a chegar casos de persoas desesperadas que non van poder pagar o seu alugueiro ou hipoteca neste contexto. Si o teu fogar deixa de recibir ingresos, como vas pagar a vivenda?

Levamos anos denunciando que estamos inmersos nunha nova crise de vivenda. Somos dos estados de Europa onde máis parte dos nosos ingresos dedícanse ao pago do alugueiro e da hipoteca, o que xa estaba afogando economicamente a moitas familias. Agora, ante a situación do Coronavirus, esta crise faise moito máis grave, porque o pago da vivenda séguenos asfixiando pero moitos fogares deixan de percibir ingresos, o que é completamente insostíbel.

Na PAH témolo claro: ou se exime a estas familias do pago do alugueiro e da hipoteca durante o tempo que dure a crise e non reciban ingresos, ou en poucos meses estarémonos enfrontando a unha crise de vivenda aínda peor que da de 2008.

É por iso que esiximos ao Goberno que de xeito inmediato acorde a suspensión do pago do alugueiro, da hipoteca e dos subministros básicos do fogar (luz, auga e gas) para as persoas que perdan os seus ingresos durante a crise.

Pola contra, e ante a posibilidade de que se alargue o confinamento, ímonos a enfrontar a unha situación en que miles de familias vanse a ver forzadas ao non pago de alugueiro ou de hipoteca. Nun contexto de carencia absoluta de política de vivenda real a nivel estatal, durante os próximos meses poderíase traducir en procesos masivos de desafiuzamentos. Por iso debemos deter esta situación antes de que sexa demasiado tarde.

Así mesmo, tamén consideramos que esta medida debe ir acompaña dunha política que durante a situación de emerxencia non permita ningún despedimento e garanta a cobertura do 100% do salario, ademais de que poña a sanidade privada a disposición do interese xeral.

No caso de que o Goberno non aprobe estas medidas, seremos a PAH e os movementos sociais, quen as poñeremos en práctica. Porque si algo temos claro, é que esta crise non a imos a pagar a poboación, como sucedeu en 2008. Porque como levamos moito tempo demostrando, non imos permitir que ningunha familia sexa expulsada da súa vivenda, só para garantir os beneficios dos especuladores.

Publicado pola PAH en 16.03.2020

---