luns, 23 de marzo de 2020

As organizacións impulsoras do Plan de Choque Social consideramos que o RDL 8/2020 de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 se queda moi curto na protección da maioría da sociedade e, en especial, da clase traballadora



Comunicado das organizacións impulsoras do Plan de Choque Social sobre as Medidas de Emerxencia acordadas polo Goberno Español

As organizacións impulsoras do Plan de Choque Social consideramos que o Real Decreto Lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 se queda moi curto na protección da maioría da sociedade e, en especial, da clase traballadora.

Si o Goberno realmente non quere deixar a ninguén atrás, como sucedeu en 2008, debe ampliar as súas miras. Hai medidas que se teñen que aplicar de forma urxente para deixar de poñer en risco vidas e evitar un colapso sanitario e social.

O Goberno ten que escoitar a centenares de sindicatos, organizacións e plataformas antirracistas, feministas, ecoloxistas e sociais que esiximos unha saída desta crise sanitaria, social, de coidados, climática, ecolóxica e económica que poña a vida no centro e non os beneficios das grandes empresas. Deixar en mans da boa vontade do IBEX 35, os especuladores e outros poderes económicos a protección da sociedade e o medio ambiente non é unha opción si se quere evitar que se dispare, aínda máis, a desigualdade social, o deterioro climático e ambiental e a destrución de dereitos.

A continuación resumimos algunhas propostas urxentes que esiximos e que imos defender desde a solidariedade, a organización colectiva e a mobilización:

REFORZAR A SANIDADE PÚBLICA.
UNIVERSALIDADE DA COBERTURA SANITARIA.
INTERVENCIÓN DA SANIDADE PRIVADA SEN COMPENSACIÓN ECONÓMICA.


Os próximos días prevese que os sistemas sanitarios dos territorios onde se concentran máis casos de Covid-19 cheguen ao colapso. Non é casual porque o límite de capacidade da sanidade pública viuse reducido por máis dunha década de recortes e privatizacións.

É imprescindíbel e urxente dotar de recursos suficientes aos centros sanitarios. Da mesma forma, a escaseza de Equipos de Protección Individual (EPI) para todo o persoal destes centros pon en risco as súas vidas e a das persoas doentes e envía centenares de profesionais á corentena, debilitando aínda máis o sistema sanitario. A intervención da sanidade privada ten que traducirse xa na mobilización de todos os recursos privados ao servizo do interese xeral e a saúde pública. Esta mobilización masiva de recursos non pode traducirse nunha factura millonaria das empresas sanitarias privadas que provoque novos recortes logo da emerxencia.

Estas empresas deben deixar de parasitar recursos públicos nun momento en que son aínda máis necesarios que nunca. Na situación extraordinaria que vivimos, é importante reforzar a información e os servizos básicos de emerxencia para garantir Dereitos Sexuais e Reproductivos. A Interrupción Voluntaria do Embarazo (IVE) e a Anticoncepción de Urxencia (AU) seguen sendo servizos de urxencia para todas as mulleres independientemente da idade e de si teñen ou non tarxeta sanitaria.

PROTEXER ÁS TRABALLADORAS DE SERVIZOS ESENCIAIS

No medio desta emerxencia hai millóns de persoas traballadoras sostendo a vida en multitude de sectores ademais do sanitario: residencias, Servizo de Atención Domiciliaria, sociosanitarios, coidados, fornezo de auga e enerxía, transporte, limpeza, alimentación, farmacias e moitos outros. A maioría son traballadoras con condicións precarias e traballos pouco valorados socialmente. Esta primeira semana de estado de alarma desde todos estes sectores chegan denuncias da irresponsabilidade empresarial, a falta de aplicación de protocolos sanitarios e a práctica inexistencia de Equipos de Protección Individual (EPI). En moitos servizos externalizados polas administracións públicas reprodúcese esta situación. Ate agora Inspección de Traballo non está reaccionando coa rapidez e a contundencia necesarias á denuncia por parte dos sindicatos de situacións dramáticas.

É especialmente preocupante a situación en sectores en contacto permanente con grupos de risco como residencias ou o Servizo de Atención Domiciliaria que se atopan xa en colapso. Sen a precariedade que sofren as xeroculturas e o resto de traballadoras de coidados evitáronse contaxios e mortes. Tamén nos preocupa a situación de extrema vulnerabilidade na que se atopan as xornaleiras e xornaleiros migrantes do campo andaluz. Moitas viven en asentamentos de chabolas, sen acceso a auga ou a luz e sen ningún tipo de asistencia sanitaria e xurídica. Hai que intervir xa e obrigar ás empresas a adoptar medidas de protección inmediatamente.

Hai que sinalar a situación de abandono e vulnerabilidade das traballadoras do fogar e os coidados. O réxime especial da Seguridade Social priva-as do dereito ao paro e deixa-as con pensións máis minguadas que ao resto de traballadoras. Nesta crise sanitaria e de coidados están sufrindo despedimentos, as internas están encerradas cos seu empregadores e sen medidas de protección sanitaria nas que a inspección de traballo poida intervir. Para que a situación deixe de ser tan precaria débese ratificar o Convenio 189 da OIT. Mentres tanto, é improrrogábel a inclusión deste sector na provisión de Equipos de Protección Individual para evitar a propagación do contaxio.

PARALIZAR TODA ACTIVIDADE ECONÓMICA E PRODUTIVA NON ESENCIAL E LANZAR UN PLAN INDUSTRIAL DE PRODUCIÓN DE EPISs, TEST e EQUIPOS DE VENTILACIÓN

As medidas de protección da saúde pública quedáronse na porta das empresas. É unha irresponsabilidade que mentres se restrinxe a mobilidade e en pleno Estado de Alarmase permita que empresas con actividades que non son imprescindíbeis continúen coma se nada coa produción. Na maioría dos casos as empresas ademais funcionan con escasas ou nulas medidas de protección de riscos laborais. Durante a semana multitude de sindicatos, comités e persoais pararon a actividade dos seus centros de traballo a través da aplicación do artigo 21 Lei de Protección de Riscos Laborais.

Con todo, de novo, o Goberno non pode mirar cara a outra parte nin deixar en mans dos intereses privados a vida e saúde da xente. Hai que decretar a pechadura de toda actividade non esencial e evitar que sigan propagandose contaxios. Á vez hai que lanzar un plan industrial para producir todos os test, EPIs e equipos de ventilación necesarios, utilizando as instalacións e recursos das industrias paralizadas.

PROHIBIR OS DESPEDIMENTOS E INTRODUCIR UNHA RENDA BÁSICA DE CORENTENA UNIVERSAL E INCONDICIONAL

A patronal está aproveitando o shock para cargar nas costas da clase traballadora os custos desta crise. É urxente prohibir os despedimentos e anular os que se produciron desde o inicio da emerxencia. Ademais, a avalancha de ERTE case non diferenza entre pequenas empresas (50 traballadoras ou menos) sen ingresos que se xogan o seu viabilidade e multinacionais con beneficios millonarios, cunha exoneración do 75% das cotas da seguridade social. Hai que darlle a volta á situación e que as mutuas privadas e grandes empresas paguen o seu parte. Unha posibilidade é un permiso retribuído de 4 semanas asumido pola patronal sen prexuízo do que se poida acordar na negociación.

Ningunha despedida e ninguén exposta de xeito innecesario

Pero sen ou con traballo contractual, ninguén se pode quedar sen ingresos mentres dure a emerxencia sanitaria ou as consecuencias sociais serán devastadoras. Por iso é imprescindíbel introducir unha "renda básica de cuarentena" que garanta ingresos de xeito universal e incondicional mentres dure o estado de alarma. Esta renda básica debe garantir a substentabilidade da vida a traballadoras por conta allea, autónomas e profesionais que teñan que parar a súa actividade. Tamén deben protexer ás pequenas e medianas cooperativas que traballan desde a Economía Social e Solidaria, a quen subsisten en sectores máis precarios e desprotexidos como as traballadoras do fogar ou sectores da economía informal e a quen se dedican aos coidados de menores, dependentes e persoas maiores sen remuneración. O acceso á renda básica debe garantirse a toda persoa sen importar a súa nacionalidade, status de residencia ou situación administrativa.

Ademais, debe garantirse toda a potencialidade dos servizos sociais "sen funcionamento na maioría de administracións, ou ao mínimo da súa actividade" para que ningunha familia quede desprotexida sen alimentación nin bens básicos que son procurados por estes hoxe inexistentes servizos sociais.

RECURSOS PARA A INTERVENCIÓN EN VIOLENCIA MACHISTA

A estratexia do confinamento traslada toda a tensión, a carga dos coidados e a vulnerabilidade sobre as familias e outras unidades de convivencia, e especialmente sobre as mulleres. Necesítanse medidas de choque que manteñan activados e reforcen os recursos sociais de prevención, detección da violencia machista e apoio ás mulleres expostas a situacións de violencia neste contexto, para que o confinamento non se converta nun illamento e unha condena para elas.

LIBERACIÓN PRESAS VULNERÁBEIS

Nos cárceres as condicións de vida son xa de seu pésimas e a desatención sanitaria é unha constante. Ningún dos centros penitenciarios no Estado español ten capacidade para illar en condicións adecuadas (non en celas de castigo) aos internos que poidan presentar síntomas, nin moito menos tratar de forma adecuada a aqueles que poidan presentar unha sintomatoloxía grave. É por iso que esiximos que as presas que sexan clasificadas como poboación de risco pola súa idade ou por ter enfermidades previas sexan excarceraras de xeito inmediato.

SUSPENDER DO PAGO DE ALUGUEIROS, HIPOTECAS E SUBMINISTROS BÁSICOS E PARALIZACIÓN DE TODOS OS DESAFIUZAMENTOS

Esperar que se xere unha cadea de solidariedade por parte dos especuladores está condenado ao fracaso. Son necesarias medidas que lles freen. Hai que exonerar o pago de hipotecas e alugueiros (con compensación aos arrendadores particulares que o requiran) para que esta crise sanitaria non provoque que máis familias perdan o seu fogar. A moratoria do pago das hipotecas aprobada polo Goberno consiste nunha simple suspensión temporal con criterios moi restritivos. Cando finalice as persoas hipotecadas terán que seguir facendo fronte aos seus pagos -a diferenza das empresas que soliciten ERTEs, que quedarán exoneradas do pago das cotas de Seguridade Social-. Para a banca, só apraza o cobro e, de novo, non asumen ningún custo desta situación. Esiximos a exoneración dos pagos mentres dure esta situación e, polo tanto, que non se acumule débeda.

No mesmo sentido, hai que garantir o acceso a todos os subministros básicos (auga, luz, gas e telecomunicacións), sen restricións e cunha expresa prohibición de corte en todo o ámbito doméstico, e que as grandes empresas asuman o custo cos seus beneficios millonarios. Estes servizos esenciais para a vida deben ser xestionados de forma pública e democrática.

Para cumprir cos Ditames do Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais das Nacións Unidas, é tamén necesario alargar a paralización de todos os desafiuzamentos sen alternativa residencial máis aló da duración estrita do estado de alarma, dado que os seus efectos veranse nos próximos meses. Para paliar o efecto da crise a medio prazo débese constituír un parque público de vivenda suficiente.

PECHE DOS CIES, FIN DAS DEPORTACIÓNS E DERROGACIÓN DA LEI DE ESTRANXEIRÍA

Os dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais das persoas migrantes e racializadas deben estar garantidos nesta situación de emerxencia sanitaria. A situación dos CIEs é moi similar á das prisións polo que se impón a necesidade de pechar todos os CIEs. Ademais, deben elaborarse medidas encamiñadas a evacuar ás persoas internas nos CETI's en Ceuta e Melilla e permitir o seu acceso á península.

Así mesmo urxe evitar que as medidas especiais das forzas e corpos de seguridade do estado sexan utilizadas para dar cobertura a redadas racistas. Hai que asegurar a protección os centros de acollida, poñendo especial atención á situación dos Menores Estranxeiros Non Acompañados (MENAS), e manter a cobertura das persoas que cumpran a maioría de idade e estean en situación de tutela, non deixándoas desamparadas. Para evitar poñer en especial situación de risco ás persoas migrantes é necesario derrogar a lei de estranxeiría e emitir a orde para que teñan validez identificativa os documentos caducados.

Tamén esiximos que se garanta a tradución de todas as instrucións gobernamentais, as recomendacións sanitarias e os recursos comunitarios que se habiliten, en varios idiomas atendendo a criterios de diversidade cultural de cada comunidade, así como a elaboración de material informativo de prevención en diversos idiomas.

GARANTIR RECURSOS PÚBLICOS SUFICIENTES PARA A APLICACIÓN DO PLAN DE CHOQUE SOCIAL

As medidas aprobadas polo Goberno ate o momento baséanse nun aumento do gasto público e á vez a exoneración do pago de impostos, é dicir, un descenso de ingresos cun sistema fiscal xa fortemente regresivo. Os miles de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego poden baleirar a caixa da Seguridade Social para protexer os beneficios das grandes empresas privadas. Centenares de miles de soldos e cotizacións sociais van ser sufragadas con diñeiro público sen case condicións nin contrapartidas. Na crise global de 2008 o rescate ao sector bancario desprazo un problema de débeda privada ao sector público e isto non se pode volver repetir.

A banca debe asumir perdas económicas e devolver á sociedade o rescate non pagado que ascende a 65.725 millóns de euros. Tras máis de 23.000 millóns de beneficios declarados pola banca en 2019, hai que facerlles asumir a súa responsabilidade. Da mesma forma o IBEX 35 e o resto de empresas con enormes beneficios teñen que asumir a súa parte do custo desta crise. Non pode recaer de novo unicamente sobre as costas da maioría social mentres unha minoría segue enriquecéndose.

Estas medidas son imprescindíbeis, posíbeis e urxentes para unha saída da crise do coronavirus diferente á de 2008. Neste comunicado limitámonos a sinalar as liñas mestras dun Plan de Choque Social e non podemos detallar toda o seu concreción nunha batería máis concreta de propostas. As diferentes organizacións, sindicatos e plataformas impulsoras do Plan de Choque Social traballamos e seguimos traballando no seu desenvolvemento nos ámbitos de loita aos que nos dedicamos. Si o Goberno non aplica estas medidas ou as aplica parcialmente buscaremos todas as vías colectivas para presionar e garantir os dereitos de millóns de persoas.

Animamos a todas as persoas afectadas por esta crise a autoorganizarse e impulsar xuntas esta loita. Non imos consentir que a crise sanitaria e a paralización económica se convertan nunha nova escusa para aumentar o deterioro ecolóxico e climático, o empobrecemento da maioría da sociedade e a vulneración dos dereitos máis elementais.

Publicado pola PAH en 23.03.2020

Asinan máis dun cento de organizacións sociais, sindicais, veciñais, ... de todo o estado. | Ver.

#PlanDeChoqueSocial

#FicoNaCasaMaisConRendaBasica
--
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113
---