Amosando publicacións coa etiqueta Vídeos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vídeos. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de marzo de 2013

De Afectad@ a Deputad@ - Vídeo

#DeAfectad@Adiputad@

Campaña de escrache: Hai Vidas en Xogo. Fase 2.

Afectad@s pola Hipoteca da PAH fan un chamamento aos Deputad@s do Partido Popular para que escoiten as súas voces antes de tomar unha decisión sobre a ILP, unha decisión que cambiará as súas vidas.

Todas as persoas que saen neste video están en proceso de execución hipotecaria. Algúns van perder as súas vivendas e outros xa foron desafiuzad@s e están loitando pola condonación dunhas débedas que lles condenan á miseria.

Agradecemos a Silvia González Laá, Iván Domínguez, Lluis Mestres, Xavi Mestres, Joan Rodón, Albert Royo, Xavi Andreu e á Productora Mamma Team a súa colaboración na realización deste vídeo.


http://youtu.be/d4sequ8gw4s



Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/

||||||||||||||||||

domingo, 30 de decembro de 2012

Moi interesante entrevista a Mariano Ibañez membro de Stop-Desafiuzamentos do Salnés

Entrevista a Mariano Ibañez membro de Stop-Desafiuzamentos do Salnés, no programa 'Pleno Aberto', na canle de TV 'CanalRiasBaixas', pouco máis de 26 minutos, mais moi boa e pedagóxica.


http://youtu.be/-1byoYLcDXg

Stop-Desafiuzamentos - O Salnés
Asemblea de Loita contra o paro e a precariedade
Correo-e: alpvga@gmail.com
Grupo no Facebook: www.facebook.com/groups/pahsdvga/
Foro: alpvga.tk/foro/viewforum.php?f=26
Páxina web: alpvga.tk/

||||||||||||||||||