luns, 2 de xullo de 2018

Ante a pasividade e compracencia do Alcalde Xulio Ferreiro con ABANCA, Stop Desafiuzamentos d'A Coruña convoca unha concentración diante do Concello, contra entidade finacieira e os imcumprimentos do Concello, ás 16:30hs, a mesma hora que está convocado o Pleno Municipal



STOP DESAFIUZAMENTOS DA CORUÑA CONTRA A ABANCA E ANTE A PASIVIDADE E COMPRACENCIA DO ALCALDE COA ENTIDADE FINACEIRA

Convocan unha concentración contra ABANCA hoxe 2 de xullo, ás 16;30hs, diante do Concello, mentres se celebra o Pleno Municipal, para lembrar os compromisos e denunciar o seu incumprimento.

O Concello solicitara a Stop-Desafiuzamentos, ter coñecemento detallado dos casos contra ABANCA. Información detallada que foi remitida cos casos das persoas afectadas ao Concello para "ao seu amplo coñecemento e a suposta oportuna mediación" coa entidade financeira. Mesmo houbo "unha reunión co Alcalde Xulio Ferreiro e os concelleiros Xiao Varela e Silvia Camean, o 27 de febreiro 2018". E por ultimo foi aprobada en Pleno do Concello, o xa pasado 8 de abril, a MOCIÓN ANTIDESAFIUZAMENTOS, promovida pola plataforma antidesafiuzamentos e na defensa do dereito a unha vivenda digna d'A Coruña, con  proposicións concretas no mesmo sentido. E ante "a pasividade e compracencia con ABANCA, por parte do Alcalde", convoca-se a concentración, para denunciar a ABANCA, demandar ao Concello que cumpra o comprometido e o acordado na Moción aprobada no mencionado Pleno.

Relación de casos presentados ao Alcalde Xulio Ferreiro e non atendidos:

1.- Vivenda : María Isabel Pazos, soa e con dúas fillas menores. En grave exclusión social. | Actualmente ingresos de aprox. 200 euros por pensión de alimentos e en desemprego. Ningún outro ingreso. | Vivenda poxada tras execución hipotecaria de Caixa Galicia, con suposta débeda pendente. | Esixencia de STOP á actual ABANCA: Alugueiro solidario en devandita vivenda e condonación da débeda "ficticia". | En negociación con ABANCA desde fai máis dun ano. | Responsable de ABANCA INMOBLES: Carlos Miguel Sánchez López - SEN SOLUCIÓN.

2.- Vivenda : Magdalena e Pablo. | Execución Hipotecaria cursada por NCG-Banco, por débeda de 1.800 euros sobre única vivenda e habitual. | Familia acreditada en exclusión con persoa en grave discapacidade. | Desde un inicio, falta de transparencia e falsidade continuada por ABANCA. | Obtidas evidencias xudiciais documentadas, de "Venda do crédito" por NCG-Banco. | Evidencias xudiciais contra actual ABANCA: Négase a presentar acreditación Contable de ser o LEXÍTIMO ACREDOR. | Sentenza contra ABANCA por numerosas Cláusulas abusivas na escritura de Hipoteca. | Sentenza contra ABANCA, que lle condena a devolver os gastos hipotecarios. | En Audiencia Provincial en espera de resolución por cláusula Abusiva de Vencemento Anticipado e Cesión de Crédito. | Absoluta certeza de que ABANCA non é o acredor actual de devandito préstamo. E aínda así, intenta ESTAFAR. | Responsable de Recuperacións ABANCA: Silvia García Fresco - SEN SOLUCIÓN.

3.- Vivenda : Alfredo Costas e dous familiares menores. | Lanzamento xudicial, en xullo 2017, producido sen notificación fiable e sen ter en conta ABANCA unha oferta previa cursada, para recuperar a vivenda. | A data de hoxe, vivenda ocupada con todas as pertenzas familiares e persoais. | Documentada xestión de ABANCA para vender a vivenda, a organismo público, sen ofrecer a lexítima opción de tenteo e retracto á familia. Por ABANCA, total falta de transparencia e falsidade continuada. | Esixencia de STOP á actual ABANCA : Opción de tenteo e retracto a favor da familia desafiuzada. | Responsable de ABANCA INMOBLES: Carlos Miguel Sánchez López - SEN SOLUCIÓN.

Moción Antidesafiuzamentos, aprobada no Pleno Municipal do Concelho da Coruña do 9 de abril de 2018. | Acceder/Baixar.


--
@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook
Grupo de Stop Desafiuzamentos d'A Coruña
_______________________