domingo, 4 de marzo de 2018

En Galicia as PAHs e Grupos STOP Desafiuzamentos ...en apoio a Lei Vivenda PAH



A Coordinadora de Grupos STOPs/PAHs de Galicia

En apoio da Lei de Vivenda da PAH concentraron-se, este sábado 3 de marzo, en Ferrol, Lugo, Santiago, Vigo, Lugo e Ourense  non quixemos estar ausentes do importante acontecemento de Madrid, onde unha grande mobilización demandaba ao mesmo tempo que non se vetara o paso a trámite da Lei de Vivenda PAH, unha lei fundamental para garantir o "Descanso Real Xa" para todas as persoas que sofren a emerxencia residencial: familias endebedadas para sempre, persoas en alugueiro inestábel ou ocupacións en precario e afectadas por cortes de subministros (Luz, Auga e Gas).

O drama dos desafiuzamentos segue moi presente no Estado español. A pesar da gradual redución das cifras globais desde o pico que se alcanzou en 2015, é unha realidade que se revolve descarnada nos barrios e periferias, onde as cifras dispáranse En 2016, o último ano completo contabilizado, rexistráronse máis de 60.000. Aumentan os desafiuzamentos: 189 cada día no Estado Español no primeiro trimestre do ano.

A periferia madrileña, en concreto, foi branco de grandes privatizacións de vivenda pública protexida que, desde 2013, enriqueceron aos denominados “fondos voitre” e levado a unha situación de colapso a miles de familias que denuncian o abandono das institucións. Esta é unha mostra de persoas que loitan por unha vivenda digna, non podemos obviar que o continuo incremento dos prezos dos alugueiros incide de maneira directa e indirecta na extensión e persistencia da falta de morada e de que moitas familias e Persoas teñan que recurrir o mecardo do aluger “Non regulado“ onde abundan vivendas en condicions de dudosa habitabilidade ,con humidades e infravivenda. As subidas de prezos dos alugueiros facilitadas por unha lexislación que desprotexe absolutamente ao inquilino xeran varios tipos de expulsións. No Estado é imposible ter un proxecto de vida estable como inquilino ou propietario pola desprotección xurídica e sobre todo pola crecente precariedade e aumento do prezo da Vivenda.

Vivimos tempos difíciles, só necesitas poñerche as noticias para darche conta (se é que non o sofres); con todo, hai algo que move o mundo, e non é a economía, senón a implicación entre persoas para darse agarimo, apoio, axuda e demostrar que xuntas se pode loitar e vencer a inimigos moi poderosos. Na PAH poñémolo en práctica cada día, con cada familia que ten un problema por conservar ou manter a súa vivenda. Este pequeno xesto é poderoso, xa que recupera a esencia do que somos, e isto é comunidade.

Pero chegou o momento de que TODAS loitemos polos casos de todas, polo noso futuro, polo dos nosos fill@s. A Lei que rexistramos no Congreso é de todas; nela van os nosos saberes para que todas esteamos protexidas polo dereito á vivenda. As nosas voces son pequenas, pero unidas son infinitas; todo, grazas á colaboración, que replica, resoa e amplifica o "Pode-se" vivir baixo un teito digno.

Fai falta moita valentía nos Concellos para parar os desafiuzamentos e Galicia necesita un cambio urxente na Lei de Vivenda e Solo e na RISGA que se equipare a unha verdadeira renda de inserción

Voces unidas, Voces Valentes dan o seu apoio e fan súa a Lei dicindo #EstaÉaMiñaLei.

É a hora de implicarnos e ser parte deste incrible paso na historia da loita social polos dereitos humanos, pois hai vidas en xogo.
  • Non imos quedarnos sentadas mentres vemos que se produce un desafiuzamento cada 8 minutos. Non imos quedarnos sentadas mentres vemos como nos afogan coas subidas no prezo do alugueiro.
  • Non imos quedarnos sentadas mentres hai 3'5 millóns de vivenda baleiras no Estado e máis de 325.000 na Galicia e non se amplía o parque público de vivenda.
  • Non imos quedarnos sentadas mentres seguen producíndose mortes por pobreza enerxética e non podemos pagar as facturas abusivas por unhas subministracións básicas.
  • Non imos quedarnos sentadas vendo todo isto mentres os fundos de investimento especulan coas nosas vidas e expúlsannos dos nosos fogares.
O 3 DE MARZO LEVANTÁMONOS

A PAH e moitos MMSS estamos convencidos que xuntas

Pode-se

4 de marzo de 2018

COORDINADORA GALEGA DAS PAH E DOS COLECTIVOS STOP-DESAFIUZAMENTOS.

@pahstopgaliza

https://www.facebook.com/PAHSTOPGALIZA/

coordinadorastoppahgalicia@gmail.com
________