venres, 26 de maio de 2017

Suceso rotundo da acción coordenada do movemento atidesafiuzamentos de Ferrolterra: Puxemos no debate social os abusos bancarios, o papel das institucións e o dereito á vivenda



O 24 e 25 deste mes de maio, tiveron lugar dúas accións coordenadas do movemento antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna de Ferrolterra. Con moito suceso e repercusión nos medios de comunicación. Puxemos no debate social os abusos bancarios e incumprimentos, o desinterese de quen ocupa as institucións e o depauperado dereito á vivenda.

Pouco antes do mediodía do mércores 24 de maio, tiña lugar unha concentración diante dos Xulgados de Ferrol, o obxectivo denunciar que a banca non cumpre co Código de Boas Prácticas que no seu día asinou voluntariamente. E non cumpre ao non da-lo a coñecer, mesmo no momento que detecta un problema no pagamento das cotas do préstamo hipotecario. Varias son as medidas que contempla este Código, de por si restritivo e cutre, a pesar das súas múltiples modificacións desde a súa instauración en marzo de 2012.

Diciamos na convocatoria que os bancos están-se aproveitando da situación de vulnerabilidade das persoas e intentan apoderar-se de todo o diñeiro do que podan dispoñer as familias e os seus contornos e mesmo de fondos públicos que podan conceder os concellos en forma de axudas de emerxencia, en lugar de informar por escrito ás familias vulnerábeis do seu dereito a solicitar unha moratoria do seu préstamo hipotecario.

Na concentración estiveron presentes o avogado José María Erauskin e a avogada Maite Ortiz, do movemento antidesafiuzamentos de Gipuzkoa. Galardonados e recoñecidos no resto do Estado e en Europa, pola súa labor en prol das persoas efectadas pola estafa hipotecaria, que teñen no seu haber numerosas sentenzas pioneiras. Esta presencia desatou o interese mediatico coa presencia de numersos medios de comunicación diante dos Xulgados de Ferrol.

Máis tarde tivo lugar o xuízo, no Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, a vista pola demanda interposta por un dos nosos compañeiros afectadosfronte á entidade BBVA por incumprir esta a obrigación de informar respecto da existencia, posibilidades e requisitos do Código de Boas Prácticas, e acudir directamente ao procedemento de execución hipotecaria.

Ao día seguinte, os Plenos Ordinarios dos concellos de Ferrol e Narón, trataban unha moción que propuxemos desde as plataformas PAH de Ferrol e Comarca e Stop Desafizamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra que vimos desenvolvendo un traballo conxunto desde hai uns meses [1]. As mocións propostas foron presentadas polo BNG e PSdeG-PSOE en Ferrol e promovida en Narón polo noso compañeiro André Abeledo que a súa vez é concelleiro de Esquerda Unida. Despois dun interesante debate, onde en Ferrol interveu no Pleno a nosa compañeira da PAH Aurelia Teijeiro, as mocións foron aprobadas, nos dous concellos, por unanimidade. No Pleno do concello de Ferrol, Iván Rivas, concelleiro do BNG, lembrou a falta dunha acción posterior despois de ser aprobada en febreiro do pasado ano 2016, outra moción con medidas concretas propias e demandas a elevar a outras institucións. Advertindo ao goberno municipal de que debe cumprir co acordado e demandado polo movemento antidesafiuzamentos.

||||||||||||||||||||||||||||||||