luns, 30 de decembro de 2013

Escrito de Stop-Desafiuzamentos do Barbanza por un Fondo Municipal de Solidariedade Urxente Fronte á Crise

As compañeiras e compañeiros de Stop-Desafiuzamentos da Barbanza remiten-nos un escrito que lle fixeron chegar aos alcaldes dos concellos de Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo.

AO SR. ALCALDE PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO.-

Ante as enormes dificultades económicas e sociais polas que atravesan moitas familias do municipio, desde a PLATAFORMA STOP DESAFIUZAMENTOS DO BARBANZA consideramos urxente a articulación dunha serie de medidas que pasaremos a detallar nunha próxima ocasión, ao obxecto de consensualas, logo da reunión coas diferentes entidades sociais, benéficas e ongs da Comarca do Barbanza, que manteremos este próximo mes de xaneiro.

Malia iso consideramos necesario que, desde ese equipo de goberno municipal, se tomasen as medidas necesarias para a creación dun "FONDO MUNICIPAL DE SOLIDARIEDADE URXENTE FRONTE Á CRISE", coa dotación dunha partida económica que podería ser, a modo de exemplo, a de dous euros por habitante, onde o dez por cento puidese ser para un FONDO DE COOPERACIÓN COMARCAL entre Concellos. Serían, estes dous euros, como as dúas caras dunha moeda, por unha banda a "Solidariedade" e pola outra a "Esperanza".

Tamén creemos que os diferentes departamentos dos servizos sociais teñen que ser os que coñezan a problemática social da súa contorna e que actúen directamente sen esperar a que sexan as familias as que chamen ás súas portas, evitando así situacións de auténtica indefensión e abandono que se crean en familias que, por dignidade, vergonza ou temor a acudir en busca de axuda, viven auténticas situacións de exclusión social, co risco para as súas propias vidas.

En Riveira, a 27 de decembro do 2.013.

PLATAFORMA STOP DESAFIUZAMENTOS DO BARBANZA

Barbanza

Plataforma en defensa dos dereitos fundamentais das familias que están a pasar dificultades económicas e poden quedar sen a súa vivenda habitual
(Riveira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son).


Correo-e:
j.mpena@hotmail.com

T
elefono:

José Manuel Pena - Ribeira (
670458406)
|||||||||||||||||