mércores, 13 de novembro de 2013

Desde o noso corazón


Querida PAH:

Expresar o agradecemento, é unha das accións máis bonitas e leais que existen na vida dunha persoa; sobre todo, cando se trata de agradecer a axuda que che brindaron, desinteresadamente, entregándose en corpo e alma, para reverter unha causa mil veces inxusta, que dana a vida e lacera a integridade de tantas persoas.

A marabillosa PAH, acompañounos, nos nosos momentos máis amargos, duros e terribles das nosas vidas e atópamo-nos con que sen a súa axuda, non fose posible, arrincar o dente canino asasino da banca, das nosas debilitadas xugulares, tras tantos embistes e ataques recibidos a través de Novagalicia banco.

GRAZAS AMIGOS, pola vosa entrega, constancia e solidariedade. GRAZAS por estar alí, por loitar polos que vivimos cribados, ninguneados e perseguidos, pola insensibilidade dunha banca delituosa, que se ampara na corrupción dun país que elixiu desintegrar aos seus cidadáns.

O traballo, o apoio, o agarimo que recibimos é incalculable e como resultado do balance do noso periplo macabro, chegamos á conclusión de que a PAH É UNHA GRAN FAMILIA, que loita desinteresadamente, por unha xustiza social inexistente, vulnerada sistematicamente en cada instante dos nosos días.

Grazas a todos os amigos da PAH, que se manifestaron clamando xustiza para Gonzalo, aínda moitos sen coñecelo, deixando as súas ocupacións e dedicando o seu valioso tempo, entregándose con todo o seu agarimo, para axudar a un compañeiro.

GRAZAS A TODOS: Carlota e Fito, pais de PAH Vigo-Tui-Baixomiño e seres dunha sensibilidade extraordinaria. GRAZAS Ana, Olga, Suso, Isabel, Clara, Fran, Xosé Miguel, Xosé e todos aqueles que involuntariamente deixemos de nomear.

GRAZAS Cruz, entrañable amiga de PAH Salceda; GRAZAS PAH Pontevedra, Maricarmen, Gelo, Héctor, Nardo, que acudistes no noso socorro, nese momento tan duro, Anuska, Francisco, Sol, Sonia, e J. Carlos. Un gran agradecimiento tamén á nosa amiga Pili Collazo, que desde o silencio téndenos a súa man xenerosa. GRAZAS PAH Barbanza, PAH A Rioja, e todas as PAHS do país, que nos apontoaron e colaboraron para solucionar o noso problema.

Todo o noso agarimo e o noso agradecemento para toda esta GRAN FAMILIA que é A PAH, que fai posible o imposible, grato o ingrato e doce o amargo.

Desde o noso corazón,

Gonzalo e Mirta

Pontevedra, 2 de Novembro de 2013

Envia PAH-Vigo-Tui-Baixomiño.

|||||||||||||||||||||