xoves, 25 de agosto de 2016
Este domingo 28 de Agosto, hai xuntanza da coordinación galega de PAHs e STOPs en Compostela: Reorganizando o movemento galego polo dereito a unha vivenda digna e adecuada
Este domingo 28 de Agosto de 2016, as PAHs e STOPs da Galiza, xuntan-se en Santiago de Compostela, na coordinación galega, para reorganizar o movemento polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, e compartillar información, loitas... actualizar as ferramentas de coordinación e valorizar o traballo feito. Debater se recuperamos propostas lexislativas e se participamos na Eleccións Galegas coas 5 das PAH, como así fixeramos nas Eleccións Xerais do 20 de Decembro do pasado ano 2015.
Día: Domingo 28 de Agosto de 2016.
Hora: 11:30hs.
Lugar: Local Social da CUT en Compostela. (Rúa do Sar, 93-baixo). Telef. 981584427
Obxectivo: Reorganizar a coordinación galega das PAHs e STOPs.
Orde do día proposto pola PAH Vigo-Tui-BaixoMiño:
1.- Temas pendentes da anterior ... si merece a pena.
2.- As PAHs/STOPs e as eleccións .. Independentemente do que cada un pense das eleccións. O que si é obrigatorio que interpelemos e si fai falla Scracheemos aos Partidos que NON LEVEN os 5puntos das PAH/STOP (que son #As5daPAH)
3.- Creación in situ de contas de Twitter para que non as teña, para facer campañas conxuntas a nivel Galego.
O "que si toca a unha tocan a todas" ten que ser algo máis que un slogan .
Saúde e Vivenda Digna!
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!
Foto: Abrazo do desafiuzamento de German Caballero, 2014.
|||||||||||||||||