luns, 8 de agosto de 2016

A morte dun sinTeito na nosa cidade - Por Carlota Pérez Conde, Voceira da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo, Tui e Baixo Miño




A morte dun "sinTeito" na nosa cidade vén sumar á xa triste lista de falecidos de persoas sen fogar entendido isto como: Sen teito, Sen vivenda, Vivenda insegura ou Vivenda inadecuada.

Nos últimos anos morreron en Vigo 45 persoas 4 en 2014. E todo isto non medio dunha situación paradoxal, e inmoral: que ou estado español é ou país de Europa con máis vivendas baleiras que non deixa de crecer como demostra a enquisa recente do Instituto Nacional de Estatística.

Fai uns días morría un sen teito, en Vigo, un mais dunha longa lista de sen teito, Manuel súmase a Susana, Eduardo, José e Eugenio, poucos lles botarán de menos, só quedará un vago recordo en quen sobrevivía con eles, ante as súas mesmas circunstancias e os mesmos perigos. Cantos sufrirán irreparablemente o inverno ou a tremenda Calor do Verán. Cantos padecerán as salvaxes agresións racistas o fascistas. Cando o frío o a calor aperta e a fobia ataca, só falta que axexe a insolidariedade ou patrimonialismo das vítimas. A Manuel trasladárono ao Hospital Nicolás Pena, onde se lle practicou a autopsia. Faleceu de morte natural, din.

Máis de 28.500 persoas viven sen teito en España, un país que conta con máis de 3,5 millóns de vivendas baleiras, máis de cen casas baleiras por cada persoa que se atopa sen teito, e cada semana falece nas rúas un home ou unha muller sen fogar. Galicia hai unhas 4.500 persoas que viven na rúa ou en infravivendas. Este colectivo, que se incrementou na comunidade pola crise, viu ademais crecer o número de mulleres 'sen teito', que son agora un 15 por cento máis.

En Vigo calcúlase que sobre 300 persoas están en situación de "SenTeito" e miles en situación de "Sinhogarismo".

Nosa resposta ha de ser contundente pois, é sabido, que ninguén pasa calamidades por propia vontade. Un ser sen fogar é un excluído; e esta exclusión é froito de sucesivas rupturas, familiares, laborais e sociais que, paulatinamente, van afastando do mundo do traballo, dos sectores que perciben rendas, condenándolle a unha vida de illamento, carente de interrelacións e caracterizada pola total ausencia de perspectivas de futuro. Sobrevive, sen mais, e precisa de axuda externa para saír dese abismo.

A iso hai que sumar os miles de desafiuzamentos nos ultimos anos e dentro deles desataca unha cifra crecente a debida a falta de pagamentos do aluguer para darnos conta da magnitude do que chamamos urxencia habitacional.

A PAH-Vigo-Tui-BaixoMiño fai un chamamento á solidariedade a non deixar que isto siga pasando. O que peor pode pasar é que esta situación forme parte da paisaxe urbana

A nosa solidariedade entendémola como algo que debe ser causa de todos e non de ninguén en particular.

Denunciamos á autoridades Locais e á Xunta de Galicia. O Sr Feijoo non pode dicir que os albergues estaban con prazas libres e non exporse o porqué sucede isto. Non hai razón que impida realizar algo tan necesario e xusto como é dar saída social a tanta vivenda desahabitada.

Como termina o informe da defensora do Pobo:
Sabemos que as persoas sen fogar, para saír da súa situación, necesitan fundamentalmente da suma de moitas  vontades, pero tamén sabemos que "a nosa acción, e non as palabras, resulta imprescindible, porque terminar coa pobreza non é unha cuestión de caridade, senón de xustiza". (Nelson Mandela)

Carlota Pérez Conde, Voceira da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo, Tui e Baixo Miño. | No Twitter e no Facebook.

---

Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo, Tui e Baixo Miño

http://www.stopdesahuciostbm.wordpress.com/

https://www.facebook.com/PAHVigoTui

https://twitter.com/PAHVigoTui/

Foto: Rubéns Rocha. | https://ilcanallarubens.wordpress.com/.

||||||||||||||||||