luns, 8 de marzo de 2021

O 20 de marzo, polo dereito á vivenda digna e adecuada - 29.406 desahucios en 2020, son un claro fracaso das medidas do Goberno - As cifras publicadas o 4 de marzo polo CGPJ, descenderon respecto de anos anteriores pero son tan engañosas como alarmantes, con grave aumento das ejecuciones hipotecarias

 
Desde o comezo do estado de alarma, o confinamento, e as primeiras medidas de protección aprobadas polo goberno, a PAH estivemos repetindo insistentemente, que NON estaban suspendidos todos os desafiuzamentos. Estivéronnos ignorando ata que en setembro, os datos sobre desafiuzamentos do CGPJ tristemente daban-nos a razón.

Grazas á presión e a denuncia, en decembro, forzamos que o goberno aprobase dous novos reais decretos lei, que aumentaban a protección das inquilinas á vez que deixaban desprotexidas dos efectos da COVID-19 ás familias hipotecadas. Lamentabelmente chegaban tarde para moitas familias que, de habernos feito caso antes o goberno, non se viron desafiuzadas.

Estes 29.406 desafiuzamentos se reparten en:

- 6.915 derivados de execución hipotecaria
- 21.145 derivados de alugueiros
- 1.346 por outras causas.

Estas cifras son escandalosas tendo en conta que, no período de marzo a xuño, non houbo actividade xudicial. Tamén son unha mostra do fracaso do cacarexado escudo social, segundo o cal non debería haber ningún desafiuzamentos durante a pandemia. En poucos días fará un ano que saltou o estado de alarma que aínda non ten un claro final no horizonte. Os estragos da crise económica derivada son cada vez maiores, a taxa de paro está en índices históricos, a precariedade é cada vez maior, pero segue habendo desafiuzamentos e seguirán.

Preocupante é o incremento do 17,5% de novas execucións hipotecarias. Outra evidencia da situación das familias empuxadas a perder o seu fogar. Isto, sen dúbida, é froito das amaños do Tribunal Supremo sobre a abusiva cláusula de vencemento anticipado e a vixente lei de crédito inmobiliario. Unha lei iniciada por Luís de Guindos e concluída por Nadia Calviño, que, con diferentes tempos, permite ao banco executar pola totalidade da débeda pendente, e concluír o procedemento co desafiuzamentos da familia, que como antes, manterá co banco unha débeda impagábel e para sempre. Isto, malia a débeda non pagada á sociedade pola banca, que segundo o banco de España ascende a máis de 62 mil millóns de euros.

Estes datos e a moi nefasta situación a futuro, ratifícanos nas esixencias que, xunto á Iniciativa por unha Lei de vivenda que garanta o Dereito a unha vivenda digna e adecuada, que van moito máis lonxe do simple control de prezos do alugueiro, tema mediático central e que por suposto incluímos. A futura lei, debe ademais incluír estoutros 7 puntos irrenunciábeis para nós:
✔ Debe garantir o Dereito efectivo á Vivenda.
✔ Débense suspender todos os desafiuzamentos de familias ou persoas vulnerábeis sen vivenda alternativa.
✔ Debe servir para crear un Parque Público para vivenda en alugueiro alcanzábel e social.
✔ Ten que garantir o acceso aos subministros básicos incluídas as telecomunicacións.
✔ Desenvolver mecanismos de segunda oportunidade real para debedores hipotecarios.
✔ Ampliar a asignación orzamentaria para vivenda, ao que se debe destinar tamén unha parte dos Fondos Europeos de recuperación.
✔ Crear fórmulas de participación cidadá no desenvolvemento de futuras políticas de vivenda.
Vemos moi lonxe un acordo no Goberno, para elaborar unha lei con estes contidos. Por iso ímonos a mobilizar en todo o estado o próximo 20 de marzo, para que se decaten o presidente Sánchez, e as ministras Calviño e Ábalos cuxas declaracións van en dirección aposta.

Compren medidas xa que acaben con urxencia cos desafiuzamentos e ferramentas para dar resposta á emerxencia que sufrimos e seguiremos sufrindo, mentres se lexisle a favor das elites capitalistas, a banca e os fondos voitre, deixando de lado ás persoas.

Fonte: PAH.

---