O pasado venres publicamos un resumo do Real Decreto Lei 11/2020 das medidas para enfrontar á COVID-19 en materia de alugueiros. Hoxe publicamos o "Kit alugueiros COVID 19", que inclúe unha guía máis concreta e 3 documentos útiles: o primeiro, para para solicitar unha prórroga de 6 meses no teu alugueiro si venceu ou vai vencer nos próximos días, o segundo para solicitar a condonación do pago da renda si o teu propietario é un banco, fondo voitre ou sabes que ten máis de 10 vivendas e un terceiro por si non podes pagar o alugueiro dun pequeno propietario.
A PAH levamos 11 anos defendendo o dereito á vivenda: loitando contra os abusos da banca, esixindo aos gobernos medidas á altura e acompañando ás persoas na súa loita. Así que si nesta situación de crise sanitaria ves que non chegas a fin de mes, e estás pensando en saltarche algunha comida ou continuar pagando o teu alugueiro, non o dubides: non estás soa! Desde a PAH aconsellarémosche e non che deixaremos soa. Ningunha débeda vale máis que unha vida e recordemos que a vivenda é un dereito.
Para saber si podes acollerche ás diferentes medidas anunciadas polo Goberno, en primeiro lugar aconsellámosche que leas con atención todo o escrito e sigas os pasos que che indicamos. Si por algún motivo non entras nalgún suposto, non tires a toalla, contacta connosco en afectadosporlahipoteca@gmail.com e axudarémosche na túa situación.
Sabemos que as medidas que tomou o Goberno de Pedro Sánchez para facer fronte á crise sanitaria son pouco ambiciosas e deixan fóra a moitas familias. Por iso é importante organizarnos e esixir un plan de choque social onde non deixemos a ninguén atrás. Cando dobreguemos a curva dos contaxios esiximos poñer a cero a dos desahucios e non imos parar ata conseguilo.
Os documentos que tes que ler para defender os teus dereitos, son:
- Guía sobre como solicitar as medidas (ler a guía para empezar!)
- Documento útil A “solicitude prórroga alugueiro”
- Documento útil B1 “solicitude moratoria alugueiro grandes tenedores”
- Documento útil B2 “solicitude moratoria alugueiro pequenos tenedores”
- Modelo declaración responsábel cumprimiento requisitos vulnerabilidade
É importante ter en conta que toda esta documentación é un material que se irá adaptando, en base a como evolucione a situación e ao seu uso en casos concretos. Si tes algunha suxestión en base á túa experiencia, escríbenos e mellorarémolos.
Fonte: PAH. | 7 de marzo de 2020.
---